Pestanas principais

O Concello de Ames elabora unha programación específica para conmemorar o Día das Letras Galegas

Martes, 10 de maio de 2011

[10-05-2011] O Concello de Ames conmemorará durante todo o mes de maio as Letras Galegas. A celebración desta festividade comeza o día 11 cun contacontos musicado a cargo da compañía Xandobela. A través do conto e da música os amienses poderán coñecer a vida de Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A cita será ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina. Aínda que esta actividade estaba previsto que se realizase na Casa da Cultura de Bertamiráns debido á campaña electoral trasladouse ao Pazo da Peregrina. A programación continuará o xoves 12 na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 21:00 horas, coa representación da obra de teatro Pelos na lingua da compañía Talía Teatro. Esta peza de teatro volverase a representar o día 18 na Casa da Cultura do Milladoiro a mesma hora. O propio día das Letras Galegas, 17 de maio ás 18:00 horas, celebrarase o acto de entrega dos premios do VIII Certame Literario Concello de Ames, III Certame Artístico-Literario Intercentros e do concurso radiofónico de teatro lido.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de Ames organizou diversas actividades para homenaxear as nosas letras e a Lois Pereiro. Os actos comezan esta semana co contacontos Lois Pereiro na voz da xente. A través deste contacontos musicado os veciños e veciñas de Ames poderán coñecer a vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A compañía Xandobela será a encargada de traer esta actividade ao concello de Ames. Aínda que esta actividade estaba previsto que se realizase na Casa da Cultura de Bertamiráns debido á campaña electoral trasladouse ao Pazo da Peregrina. A cita será ás 20:30 horas.

A programación continuará o xoves 12 na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 21:00 horas, coa representación da obra de teatro Pelos na lingua da compañía Talía Teatro. Esta peza de teatro volverase a representar o día 18 na Casa da Cultura do Milladoiro a mesma hora. Esta obra pódese catalogar como a segunda parte de "Bicos con Lingua", un espectáculo estruturado en sketch que nos fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega. Avelino González volve a dirixir este montaxe no que participan distintos autores e que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez.

A peza teatral "Pelos na lingua" está dirixida a todo o mundo: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan por que no o saben falar ben, aos que lles da igual que se fale ou non en galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería de ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, aos políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros todos e todas.

Para o propio día das Letras Galegas, o 17 de maio, está preparado un acto literario-musical, no que actuará a Escola Municipal de Música de Ames e se fará entrega dos premios do VIII Certame Literario, do III Certame Intercentros Concello de Ames e do concurso radiofónico de teatro lido. O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro será o epicentro da celebración deste evento que comezará a partir das 18:00 horas.

Por último, as Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán unha exposición sobre Lois Pereiro cedida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na que se realiza un percorrido pola vida e obra do homenaxeado.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Cuentacuentos y teatro para Ames"