Pestanas principais

O Concello de Ames establece un novo sistema de estacionamento na urbanización Aldea Nova que entrará en vigor o sábado 16

Xoves, 14 de maio de 2015

[14-05-2015] O Concello de Ames establece un novo sistema de estacionamento por quincenas alternas na urbanización Aldea Nova que entrará en vigor a partir do sábado 16. Máis alá desta data prohibirase que os vehículos aparquen nas beirarrúas.

A medida aplicarase nas rúas Miradoiro, Ribeira, Salgueiros, Tallos e Estivada coa finalidade de “mellorar a circulación dos vehículos por vías de sentido único, garantir a seguridade dos peóns e manter un considerable número de espazos para estacionar nas vías públicas”, sinalan dende o consistorio amesán.  

Entre os días 1 e 15 de cada mes permitirase aparcar na marxe esquerda da rúa, mentres que dende o 16 ao 31 deberase facelo no lado dereito.