- Tematica
Con motivo do 25 aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco, o Concello de Ames mantivo esta mañá, ás 12:00 horas, un minuto de silencio como homenaxe a todas as vítimas do terrorismo e en repulsa de calquera acto terrorista. Na homenaxe, que se desenvolveu diante da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, e nas oficinas xerais do Milladoiro, participaron membros da Corporación e persoal municipal.
O Concello de Ames gardou esta mañá un minuto de silencio para mostrar a súa solidariedade coas vítimas do terrorismo, nunha xornada marcada polo 25 aniversario do asasinato do político e concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco, a mans da banda terrrorista ETA. Na homenaxe participou persoal municipal e varios representantes do Goberno e da Corporación local.