Sábado, 25 de abril de 2020
- Tematica
O Concello de Ames informa de que o Goberno do Estado permite, dende este domingo 26 de abril, a saída á rúa dos nenos e as nenas menores de 14 anos de forma controlada. Tanto nenas/os coma adultos deberán cumprir unha serie de normas e restricións. Lémbrase que os parques infantís e as áreas deportivas permanecerán pechados.
As nenas e nenos menores de 14 anos poderán saír á rúa de xeito controlado dende este domingo, 26 de abril. Na Orde SND/370/2020, publicada no BOE este sábado 25 de abril, recóllense as indicacións sobre a saída, dos menores de 14 anos, á rúa durante o estado de alarma. Deste xeito, apélase a sensatez da veciñanza que saía á rúa con nenas/os, xa que se deben cumprir as normas establecidas xa que seguimos en estado de alarma e confinados nos nosos domicilios.
Nesta disposición establécense as seguintes regras para a saída a rúa dos menores de ata 14 anos. Habilítase aos nenos e nenas, e a un adulto responsable, a circular polas vías ou espazos de uso público. Dita circulación queda limitada á realización dun paseo diario, de como máximo unha hora de duración, e dunha distancia non superior a un quilómetro con respecto ao domicilio do menor. As saídas á rúa poderanse facer entre as 9:00 horas e as 21:00 horas.
Non poderán facer uso da habilitación contida no apartado anterior os nenos e nenas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.
En canto ao adulto a Orde especifica que será aquela persoa maior de idade que conviva no mesmo domicilio co neno ou nena actualmente, ou se trate dun empregado de fogar a cargo do menor. Cando o adulto responsable sexa unha persoa diferente dos proxenitores, titores, curadores, acolledores ou gardadores legais ou de feito, deberá contar cunha autorización previa destes.
Ademais dispóñense os seguintes requisitos para evitar o contaxio:
-O paseo diario deberá realizarse como máximo en grupos formados por un adulto responsable e ata tres nenos ou nenas.
-Durante o paseo diario deberá manterse unha distancia interpersoal con terceiros de polo menos dous metros.
-Así mesmo, deberá cumprirse coas medidas de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias.

Os lugares permitidos para levar a cabo estas saídas son:
-Poderase circular por calquera vía ou espazo de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre que se respecte o límite máximo dun quilómetro con respecto ao domicilio do menor. No eido rural poderase saír ao campo respectando a distancia de seguridade.
-Non estará permitido o acceso a espazos recreativos infantís ao aire libre, así como a instalacións deportivas.

Cómpre resaltar que é responsabilidade do adulto acompañante garantir que se cumpran durante a realización do paseo diario os requisitos para evitar o contaxio.
Respecto das rapazas e rapaces maiores de 14 anos, si teñen autonomía e permiso paterno/materno, poden realizar as actividades permitidas como saír para realizar compras de primeira necesidade.
Descargas: