Pestanas principais

O Concello de Ames informa dos animais abandonados que poden ser adoptados

Venres, 14 de agosto de 2015

[14-08-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, informa de que esta semana a empresa Servigal recolleu varios animais que foron abandonado. Deste xeito, estes cans e gatos foron incluídos no espazo de información permanente sobre a recollida de animais abandonados para que poidan ser adoptados. Nesta sección de información permanente, que o Concello ten na súa páxina web: www.concellodeames.org, infórmase sobre as características do servizo e inclúe fotos dos animais que aínda non foron reclamados polos seus donos e que poden ser adoptados.

O Concello de Ames é o encargado da recollida dos animais abandonados dentro do seu termo municipal, algo para o que conta cun servizo de lacería e canceira que realiza a empresa Servigal dende comezos do ano 2013.

No caso de que algún veciño ou veciña detecte a presenza dalgún animal abandonado na rúa pode dar aviso a través de dúas canles. Os días laborais, de luns a venres, en horario de 7:45 a 15:00 horas, os veciños/as que atopen un animal abandonado na rúa poden poñerse en contacto coa concellería de Medio Ambiente chamando ao número de teléfono 662 377 544.

No caso de tratarse de fins de semana, festivos ou momentos fóra do horario laboral, o aviso pode dárselle á Policía Local chamando ao número 619 76 75 75. No caso de que os animais recollidos posúan microchip contactase co propietario para que pase a recollelo.

Ademais, en canto se rexistren os animais non reclamados na canceira, introdúcese na páxina web municipal unha ficha cunha foto e información de cada un. Esta información está nun banner, que se pode atopar na marxe dereita da páxina principal do sitio web: www.concellodeames.org. O devandito banner denomínase Servizo de recollida de animais abandonados.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Los animales abandonados esta semana ya pueden adoptarse"
El Correo Gallego: "SOS Animalia pide ayuda a familias dispuestas a acoger"