Pestanas principais

O Concello de Ames informa sobre as novas medidas dispostas pola Xunta para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID.

Martes, 28 de xullo de 2020

A administración recomenda limitar o número de asistentes a  xuntanzas particulares, que nunca deben superar as 25 persoas, utilizar a máscara, aplicar as medidas de hixiene e manter a distancia de seguridade interpersoal. Ademais, esixe que que las persoas que proveñen de territorios cunha alta incidencia do COVID-19, en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega, comuniquen a súa entrada en Galicia nun prazo de 24 horas.

O Concello de Ames faise eco do acordo da  Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade que introduce determinadas modificacións nas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, lembrando aos cidadás as normas que deben rexer cando se realicen reunións no ámbito privado. Nestes espazos privados, xa sexan abertos ou pechados, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes. Tamén, o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene. Así mesmo, recoméndase limitar o número de asistentes aos mínimos posibles e que, en todo caso, non superen as 25 persoas”.

Normas para as persoas que veñen de fóra de Galicia

En canto a normativa que deben seguir as persoas que cheguen a Galicia procedentes doutras Comunidades e despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes medidas de prevención: No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros

Poden tamén subministrar estes datos chamando ao teléfono 881 00 20 21.

Así mesmo, tamén será posible a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida habilitar a Consellería de Sanidade.

Podes consultar as medidas e os DOG que as recollen ao findo da páxina

 

Cartaz normas