Pestanas principais

O Concello de Ames inicia unha campaña de concienciación para o uso dos servizos de recollida de enseres, voluminosos e punto limpo

Xoves, 09 de xaneiro de 2025

O Concello de Ames vén de presentar un calendario elaborado en colaboración con Urbaser destinado á concienciar á veciñanza de Ames sobre a reciclaxe e o uso do punto limpo. Nel recóllense diferentes residuos que foron atopados na rúa os cales puideron ser recollidos de forma totalmente gratuíta polos servizos municipais previa chamada aos números de teléfono habilitados. Este calendario recolle tanto o número de teléfono para facer uso do servizo de recollida de voluminosos e enseres a domicilio, 639 107 638,  como horarios de funcionamento do servizo de punto móbil de Ames, que se puxo en marcha xa no ano 2023.

Á presentación deste calendario, que será repartido nas escolas entre a cativada de Ames para chega ao maior número fogares posible, acudiron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; a concelleira de Educación, Carmen Porto; e o capataz de Urbaser, José Neira. Pola súa parte o alcalde, Blas García, indicou que esta iniciativa baséase na premisa de que “unha imaxe vale máis que mil palabras, por eso mostraremos imaxes que poden ser evitadas no noso día a día utilizando os servizos municipais que se poñen a disposición da veciñanza de forma totalmente gratuíta”. O concelleiro e de Obras e Servizos Básicos e a concelleira de Educación explicaron que esta campaña pretende unha concienciación temperá coa importancia da reciclaxe e chegar ao maior número de fogares posible.

Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación da importancia de reciclar todos os enseres e elementos residuais e da facilidade coa que se poden realizar este tipo de xestións. Deste xeito, contribúese á mellora do medio ambiente no municipio e, ademais, optimízase a recollida de residuos. Ao longo do ano 2024 durante os meses de xaneiro e novembro, no que o número final de recollidas superou as 2.000 en todo o concello. Nos meses de febreiro, marzo, xullo, setembro e outubro, o número de actuacións foi superior ás 200.

 

Punto limpo e recollida de voluminosos e enseres
Dende hai xa uns anos, o Concello de Ames dispón do servizo de recollida de voluminosos e enseres a domicilio, no que toda a veciñanza que o precise poida chamar ao número de teléfono 639 107 638 en horario de 10.00h a 13.00h. Deste xeito, os veciños e veciñas acórdase a data e un lugar, onde se atope o contedor máis próximo, para realizar a recollida de enseres e voluminosos.

Por outra banda, Ames desenvolve desde hai case dous anos a iniciativa do Punto Limpo móbil, un vehículo adaptado que percorre diferentes lugares e parroquias de Ames, cuns horarios preestablecidos, para facilitar que os lugares do municipio que non contan con contedores na vía pública poidan depositar os pequenos residuos domésticos. Este servizo está dispoñible nos seguintes horarios:

• 1ª e 3ª semana do mes:
- Luns: Covas (8.30h – 10.30h) e O Milladoiro (11.30h – 13.30h).
- Mércores: Lens (8.30h – 10.30h) e Bertamiráns (11.30h – 13.30h).
- Venres: Tapia (8.30h – 10.30h) e Ortoño (11.30h – 13.30h).

• 2ª e 4ª semana do mes:
- Luns: Ames (8.30h – 10.30h) e Biduído (11.30h – 13.30h).
- Mércores: Agrón (8.30h – 10.30h) e Trasmonte (11.30h – 13.30h).
- Venres: Ameixenda (8.30h – 10.00h), Piñeiro (10.15h – 11.30h) e Bugallido (11.45h – 13.30).

O punto limpo móbil admite os seguintes residuos: aerosois, aceite doméstico, pequenos electrodomésticos, pilas, baterías e acumuladores, CDs, disquetes e casetes, teléfonos móbiles, lámparas e fluorescentes, cápsulas de café, xoguetes, pinturas e vernices, radiografías e roupa e calzado inservible.

O punto limpo fixo atópase no Milladoiro, na rúa das Hedras, e pódese contactar con el mediante o número de teléfono 981 536 688.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames utiliza fotos de residuos en un calendario para publicitar el punto limpio"

El Correo Gallego: "Ames crea un calendario para concienciar sobre a reciclaxe"

Presentación calendario

Multimedia

  • O Concello de Ames inicia unha campaña de concienciación para o uso dos servizos de recollida de enseres, voluminosos e punto limpo