- Tematica
A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, continúa organizando diversos obradoiros e cursos. Neste caso, ofrece unhas xornadas de formación en cultivos de horta durante os meses de inverno. Impartiranse os sábados 9 e 16 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no invernadoiro municipal de Barouta. Na primeira xornada abordarse a planificación de cultivos de inverno, mentres que na segunda tratarase o control de pragas e enfermidades nos cultivos. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.
A Aula da Natureza organiza un novo curso de formación en cultivos de horta durante os meses de inverno. Impartiranse os sábados 9 e 16 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Trátase dun curso teórico – práctico, dirixido a persoas de máis de 16 anos, qur se vai impartir no invernadoiro municipal de Barouta, que conta cunha pequena aula, invernadoiro, espacio sombreados, etc. Na primeira xornada abordarse a planificación de cultivos de inverno, mentres que na segunda tratarase o control de pragas e enfermidades nos cultivos.
Pode parecer que a única horta que podemos ter é a de primavera e verán, pero a horta de inverno pode ser tamén moi proveitosa. Por un lado, temos cultivos con menores requirimentos de luz solar adaptados a temperaturas baixas e resistentes as xeadas, e por outro, cultivos que poden darse todo o ano. Xa o di o un refrán “Se queres bo allal, plántao en Nadal”. Tamén as cebolas, chícharos, fabas e cenorias xuntos con coliflor, brócoli, repolos e varias legumes teñen cabida na nosa horta invernal.
Temos que ter presente que en cada época do ano a horta require dunha serie de coidados específicos para o seu correcto desenvolvemento. Nestas xornadas veremos as tarefas necesarias para asegurarnos o éxito da nosa horta de inverno. Estas técnicas servirán para calquera cultivo que teñamos durante o ano, pero está especialmente indicado para os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Abordarase tamén as enfermidades e pragas máis probables nesta época do ano.
Para participar nesta actividade é precisa inscrición previa. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.