- Tematica
Dende a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural, están a levar a cabo o proxecto “A gastronomía fai camiño” que forma parte do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia. Esta mañá no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, realizouse a presentación de dito proxecto e unha degustación final, na que participou a Restaurante Casa Abelleira, de Bertamiráns, cos seus famosos chicharróns Val da Maía. Por parte do Concello de Ames asistiron o alcalde, José Miñones, e maila técnica de Turismo, Sonia Moure.
Os obxectivos deste proxecto son a elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os Camiños de Santiago, así como a realización dunha degustación destas receitas convidando aos restaurantes e aos Grupos de desenvolvemento rural dos Camiños de Santiago coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con produtos locais, tradicionais e de tempada.
A través do proxecto “A gastronomía fai camiño” pretendese tamén dar a coñecer as tradicións asociadas a estes produtos. Deste xeito, esta mañá, ás 12.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, realizouse a presentación de dito proxecto e unha degustación final, organizada polo GDR Terras de Compostela, na que participou o Restaurante Casa Abelleira, de Bertamiráns, cos seus famosos chicharróns Val da Maía, que se presentaron en empanada e soltos (de xeito tradicional).
Por parte do Concello de Ames asistiron o alcalde, Jo0sé Miñones, e maila técnica de Turismo, Sonia Moure. Cómpre destacar que Ames é un dos pouco concellos galegos polo que discorren varios dos Camiños de peregrinación xacobea. Son dúas as rutas de peregrinación que discorren polo seu territorio: o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía e o Camiño Portugués.
Esta guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os Camiños de Santiago poderase descargar a partir do vindeiro mes de novembro na seguinte ligazón: https://asociaciongdrsgalicia.wordpress.com/
GDR Terras de Compostela
Os concellos de Ames, A Baña, Brión, Boqueixón, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra, compoñen e conforman o territorio GDR 19 dentro da Medida Leader 2014-2020. Un grupo de desenvolvemento rural que é xestionado pola asociación Terras de Compostela, responsable tamén de elaborar a estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) do programa LEADER.
A Asociación Terras de Compostela é unha asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto ás institucións, como o tecido asociativo, así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial. O GDR 19 aposta polo medio rural, a través da metodoloxía Leader e a través de outros proxectos orientados a contribuír co desenvolvemento integral do territorio.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Grupos de desarrollo rural van a atraer al peregrino por la boca"
Lindeiros: "Os GDRS de Galicia presentaron a guía A Gastronomía Galega Fai o Camiño"