Pestanas principais

O Concello de Ames pon a disposición da veciñanza información sobre as diferentes situacións que se dan no eido laboral durante o estado de alarma polo COVID-19

Venres, 27 de marzo de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, habilita un número de teléfono para que a veciñanza amesá, que o precise, poida realizar consultas relacionadas con temas de desemprego, derivado da declaración do estado de alarma como consecuencia da pandemia do Covid-19. Deste xeito, pódese chamar ao número de teléfono 669 02 47 33, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Tras a declaración do estado de alarma, motivado pola pandemia do COVID-19, as traballadoras e traballadores encóntranse nunha situación complexa, xa que son moitas as familias as que nestes días ven como as empresas nas que prestan servizo teñen que pechar de xeito temporal para dar cumprimento as medidas adoptadas polas administracións e así poder afrontar esta crise e superala o antes posible.
 
Esta cuestión crea unha profunda preocupación á hora de saber que vai a pasar cos empregos de cada persoa ou a incertidume de non saber os medios económicos cos que contarán neste período temporal de emerxencia sanitaria para facer fronte as súas obrigas particulares.
 
E por iso, polo que o Concello de Ames, se pon a disposición das veciñas e veciños, para poder canalizar as súas dúbidas e tentar facilitar o acceso a toda a información que lle atinxa.
 
Teléfono de contacto do departamento municipal de Emprego
Deste xeito a veciñanza poderá poñerse en contacto co departamento de Emprego do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 669 02 47 33, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
 
Cómpre destacar as novas recomendacións feitas polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), que traslada  a necesidade de que as traballadoras e traballadores afectados por un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego) non pidan cita previa, nin se dirixan ás oficinas do SEPE, xa que a solicitude realizase de forma colectiva pola propia empresa.
 
Solicitude de prestación de traballadoras/es non afectados por un ERTE
Por outra banda, é preciso ter en conta a situación daquelas persoas en situación de desemprego non afectadas por un ERTE, xa que poderán presentar a súa solicitude de prestación ante o SEPE, por diferentes vías:
 
-Realizar o trámite por vía telemática na sede electrónica si dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou cl@ve.
 
-Poñerse en contacto por vía telefonicamente, aínda que o elevado número de chamadas fai que se produza unha saturación das liñas nalgúns momentos.
 
-Tamén esta dispoñible un formulario de pre-solicitude durante o período de vixencia das medidas extraordinarias COVID 19. Este formulario non é para aquelas persoas afectadas por un ERTE.
 
Renovación da demanda de emprego
Por último destacar que as persoas que tiveran que renovar a súa demanda de emprego nos próximos días, non terán que facer nada, xa que o Servizo Emprego Galicia renovará de oficio as demandas de emprego ata o 30 de abril.
 
Toda a información poden atopala nas guías informativas que se atopan pinchando nas seguintes ligazóns: http://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19.html e https://emprego.xunta.gal/portal/gl/.
Imaxe da praza do Concello, en Bertamiráns