Pestanas principais

O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre “Como desfacerse dos restos da poda?”

Xoves, 17 de abril de 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, vén de poñer en marcha a campaña “Como desfacerse dos restos da poda?”. Deste xeito, indícase que os restos da poda deberán depositarse nunha bolsa dentro do colector de orgánico sen ocupar máis de dous terzos da súa capacidade. Outra opción é deixar os restos ao lado do colector nunha bolsa de lixo cerrada. O que non se debe facer é deixar os restos da poda amoreados ao lado dos colectores de lixo. Ademais, existen outras como a compostaxe, queimar os restos (sempre con comunicación previa en queimasweb.xunta.gal) ou levalos a un xestor autorizado.

As persoas expertas no agro saben que realizar unha correcta poda, no momento axeitado, cortando onde sexa necesario, resulta moi beneficioso porque pode axudar a salvar unha planta, árbore ou arbusto enfermo. Ademais permite conter e adaptar o crecemento do exemplar segundo as nosas necesidades e, ao mesmo tempo, protexelo de axentes externos, como o frío e as pragas, que son atraídas polo olor das partes enfermas das plantas.

Unha vez realizada a poda é importante saber que facer cos restos. Debido a iso o Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, puxo en marcha unha campaña sobre “Como desfacerse dos restos da poda?”. A través desta iniciativa trátase de concienciar á veciñanza de facer unha correcta xestión dos restos da poda e que non se acumulen grandes cantidades de ramas de árbores e plantas ao carón dos contedores de lixo.

Con esta campaña explícase que os restos da poda deberán depositarse nunha bolsa dentro do colector de orgánico sen ocupar máis de dous terzos da súa capacidade. Outra opción é deixar os restos ao lado do colector nunha bolsa de lixo cerrada. O que non se debe facer é deixar os restos da poda amoreados ao lado dos colectores de lixo. Ademais, existen outras como a compostaxe, queimar os restos (sempre con comunicación previa en queimasweb.xunta.gal) ou levalos a un xestor autorizado.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explica que “estamos atopando moitos restos de poda dentro e ao lado dos contedores de lixo, por iso decidimos publicar esta campaña de información para dar a coñecer que os resto de poda pequenos se poden almacenar dentro de bolsas de lixo e tiralas dentro dos contedores ou almacenar as bolsas ao lado dos colectores de lixo. Antes había depósitos de poda, pero na actualidade, a lei non permite manter ditos depósitos polo perigo de incendio que supón, por iso a través desta campaña informamos sobre as diferentes opcións que existen para desfacerse dos restos de poda”.

O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre “Como desfacerse dos restos da poda?”

Multimedia

  • O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre “Como desfacerse dos restos da poda?”
  • O Concello de Ames pon en marcha unha campaña informativa sobre “Como desfacerse dos restos da poda?”