Venres, 27 de marzo de 2020
- Tematica
O Centro deportivo municipal A Telleira, xestionado por BeOne, pon en marcha en colaboración co Concello de Ames, unha campaña para animar á veciñanza amesá a practicar deporte na casa durante o período de confinamento declarado polo Goberno do Estado.
O Concello de Ames pon en marcha xunto co Grupo Serviocio BeOne o programa #EuAdestroNaCasa, adestramento virtual totalmente gratuíto para manterse activo e en forma desde a casa.
Para comezar soamente é necesario rexistrarse en www.beone.es/behome, seguir as instrucións e descargar no seu móbil a aplicación BeOne. Nela hai máis de 300 clases virtuais (tonificación, baile, HIIT, meditación, ioga, pilates...).
Ademais todos os días hai clases en directo, gratuítas e en aberto, no perfil oficial de Instragram de BeOne.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "En casa, pero en plena forma"