Pestanas principais

O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional

Venres, 21 de xullo de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, e maila maior parte dos/as concelleiros e concelleiras da Corporación municipal realizáronlle este mércores pola tarde unha recepción ás rapazas do primeiro equipo do FC Meigas, así como ao seu equipo técnico e á presidenta do club, Paola Vignolo. As xogadoras do primeiro equipo do Fútbol Club Meigas realizaron unha temporada espectacular na que se proclamaron campioas de liga da categoría Preferente Galicia e lograron o ascenso á segunda división nacional ao gañar os dous partidos do play-off de ascenso contra o equipo asturiano do Planta14 FSF.

O primeiro equipo do FC Meigas conseguiu o pasado sábado, 17 de xuño, o ascenso a categoría de prata do fútbol sala nacional feminino. Con motivo de dito ascenso o Concello de Ames quixo realizarlle un acto de recoñecemento que se celebrou este pasado mércores, 19 de xullo, pola tarde no salón de plenos da Casa do Concello. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, e maila maior parte dos/as concelleiros e concelleiras da Corporación municipal.

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, foi a encargada de abrir a quenda de intervencións. “A pesar de que o día que lograron o ascenso xa felicitamos a todas as xogadoras e ao equipo técnico, hoxe quixemos realizarlles este pequeno acto de recoñecemento. Dende que son concelleira da área de Deportes levo facendo un seguimento dos éxitos que conseguistes e estou moi orgullosa de que a tempada pasada lograrades ese merecido ascenso á segunda división nacional. Teño que dicir que nas xuntanzas que tiven tanto coa presidenta como como adestrador e coas xogadoras, sempre destacades a importancia de valores como o compañeirismo, o esforzo e a unión. Iso queda reflectido no terreo de xogo porque sodes unha gran familia”.

O alcalde, Blas García, agradeceulles “o traballo que facedes no día a día e que levades o nomes de Ames polas pistas de toda Galicia, e agora o ides levar incluso por fóra de Galicia. O principal son os valores que transmitides dende sempre. Agora estades nun momento deportivo moi bo, pero o FC Meigas naceu hai xa dezanove anos cun espírito de que dende o Concello compartimos que é o de superación e de inculcarlle aos nenos e e nenas o gusto por practicar deporte. Demostrades, que a pesar de non ter grandes instalacións como teñen outros clubs, esforzádesvos e tedes unha gran vontade de traballo e iso queda reflectido nos resultados que obtedes. Dende o Concello vamos a seguir indo a vervos xogar e apoiándovos en todo o que poidamos”.

A presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, destacou que “conseguir o ascenso a segunda división nacional é un recoñecemento e confirmación do bo traballo feito por todo o club e o equipo: xogadoras, corpo técnico e directiva. Acadamos isto da man do Concello de Ames que leva anos apoiando o noso proxecto moi de preto, e que fai que sexa un orgullo representar a Ames, levando ao Meigas todo o alto e lonxe que poidamos, sendo un referente no fútbol sala feminino a nivel formativo e competitivo. Somos coñecedoras de que sen o apoio do Concello de Ames non chegaríamos a onde estamos. Para nós é un orgullo levar o nome de Ames por todos os lugares por onde xogamos. Isto parece a meta pero é parte do camiño”.

O adestrador do FC Meigas, Diego Montero, doulle “as gracias a todos os que nos levades apoiando toda a tempada. Este ano notouse moito o apoio que nos destes. O primeiro día non sabíamos a onde nos ía levar este camiño, pero hai que dicir que o obxectivo non é a segunda división, este é un paso máis, hai que desfrutalo, e o obxectivo é chegar a primeira división. Ames ten que ter un equipo na máxima categoría do fútbol sala feminino. Cremos que dispoñemos das condicións necesarias, polo que temos que pelexar e loitar para está aí, para tratar de chegar á primeira división”.    
    
Pechou o acto a capitá do FC Meigas, Tere Pereiro, que quixo dar as grazas no nome de todas as compañeiras. “Moitas gracias por estar aí sempre axudando, vindo a ver os partidos e axudando na organización doutras actividades como son os campus. Por moito traballo que fagamos nós se non temos o apoio do Concello non lograríamos os obxectivos”.

O alcalde e maila concelleira de Deportes e Promoción da Saúde entregáronlle á presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, un libro con fotografías de Ames e un prato coa “A” de Ames elaborada pola artesá Ana Rosa Lista que ten o seu taller en Ortoño.

Intervención das/os voceiras/os
A voceira do Bloque Nacionalista Galego de Ames, Escarlata Pampín, deulles os parabéns e dixo “séntome moi orgullo de que sexa o deporte feminino o que acade éxitos e destaque no noso concello. Paréceme algo moi importante na sociedade actual. Desexarvos unha próxima temporada moi boa en segunda división e que continuedes recollendo éxitos e transmitindo eses valores tan importantes que lle inculcades as vosas xogadoras. O deporte pode ser ingrato e inxusto cando non se reflicte o esforzo e traballo nos resultados, pero tamén pode ser moi confortante como no voso caso cando os resultados acompañan e se acadan os obxectivos buscados”.  

A voceira do Partido Popular de Ames, Oliva Agra, sumouse aos parabéns dados e dixo “é un orgullo para nós como mulleres que sexades un dos mellores equipos que temos en Ames. Animámosvos a que sigades competindo e traballando para conseguir novos éxitos. Xa lograstes grandes resultados e todo o que veña a maiores será moi bo para Ames. Nós seguiremos apoiándovos”.

O voceiro do partido socialista de Ames, Víctor Fernández, deulle os parabéns e dixo “isto é un recoñecemento a vosa calidade futbolística, pero está acompañado de valores como sacrificio, responsabilidade, compañeirismo e dedicación. Os resultados que obtivestes son o reflexo do esforzo que fixestes. Creo que iso que demostrades forma parte da disciplina deste equipo e facelo en clave feminina que aínda lle dá máis valor. En un espazo  relativamente curto conseguistes numerosos éxitos. Dende o Concello estamos enormemente orgullos do que lograstes”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El técnico Diego Montero quiere que el Meigas acabe lo más cerca posible del play off de ascenso de fútbol sala femenino"

La Voz de Galicia: "Recepción a las futbolistas del FC Meigas en Ames tras su ascenso a segunda división"

O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional

Multimedia

  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional
  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional ao FC Meigas que logrou o ascenso á segunda división nacional