- Tematica
O Concello de Ames recibirá unha axuda de 10.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento do persoal técnico en animación sociocultural.
A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao Programa FO206: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2022. O Concello de Ames é un dos beneficiarios desta convocatoria cunha axuda de 10.000 euros para o mantemento do persoal técnico en animación sociocultural.
A animadora sociocultural do Concello de Ames encargase das seguintes tarefas:
-Deseño, organización, seguimento e supervisión dos proxectos e programas culturais municipais, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
-Tarefas administrativas e de xestión para dar cobertura á organización e desenvolvemento da programación cultural.
-Xestión do orzamento asignado a dinamización e creación cultural. Elaborar propostas orzamentarias e normativas e supervisar o seu cumprimento.
-Atención, información e apoio aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral.
-Valoración das demandas dos cidadás e incentivando a participación, e a creación e fidelización de públicos.
-Xestión dos programas culturais que oferta da Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude, desenvolvemento, xustificación.
-Xestión, tramitación e seguimento das axudas económicas correspondentes á área de cultura, que se solicitan desde o Concello, ben sexan as da Deputación, Xunta de Galicia, (solicitude, seguimento e xustificación).
-Xestión, tramitación e seguimento das subvencións de apoio as entidades culturais e comisións de festas que oferta o Concello. Desde a elaboración e revisión das bases, convocatorias, valoración das solicitudes, emitir informes de valoración ata a xustificación e custodia dos expedientes.
-Colaboración nas programacións doutros departamentos municipais.
-Elaboración de pregos de prescricións técnicas de servizos externalizados da área de cultura, (Escola de teatro, Cinema Miúdo) , valoración técnica das ofertas, emitir informes e responsabilizarse do cumprimento das condicións dos contratos das empresas adxudicatarias.
-Coordinación, xestión e seguimento da Escola Municipal de Teatro.