Pestanas principais

O Concello de Ames recibe unha axuda de 20.000 euros para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística municipal procedente da Deputación da Coruña

Venres, 28 de febreiro de 2025

O Concello de Ames recibe unha axuda de 20.000 euros no marco da convocatoria de subvencións dirixida aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) de 2025, posta en marcha pola Deputación da Coruña (FONL 2025). Esta axuda destinarase a financiar gastos de persoal técnico.

A Deputación da Coruña acaba de publicar no BOP nº 101 de 11 de febreiro de 2025 a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FONL: Convocatoria de subvencións dirixida aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) de 2025. O Concello de Ames é unha das entidades beneficiarias desta convocatoria cunha axuda de 20.000 euros que se destinará a financiar parte dos gastos do persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames ten como obxectivo principal incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do territorio municipal e, para lograr este obxectivo, realiza as funcións establecidas no artigo 6.2 das bases da citada convocatoria:

- Funcións xerais internas relacionadas coa promoción da lingua galega.
- Funcións de dinamización lingüística.
- Función de formación sociolingüística.
- Funcións de asesoramento lingüístico interno.
-Funcións de coordinación e apoio entre a Deputación e o Concello no ámbito da Normalización Lingüística.

O Concello de Ames recibe unha axuda de 20.000 euros para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística municipal procedente da Deputación da Coruña