- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, modifica o plan inicial que tiña de rúas peonís para o verán de 2020. Deste xeito, infórmase que durante os meses de xullo, agosto e setembro, cortarase o tráfico, dende as 16:00 horas dos sábados ata as 23:00 horas dos domingo, unicamente na Travesía do Porto, no Milladoiro, e na rúa Ameneiral, en Bertamiráns. Con esta medida trátase de seguir mantendo dous espazos, un en cada núcleo urbano, eminentemente peonís para favorecer a mobilidade dos peóns. Nestas rúas nas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes.
A Concellaría de Mobilidade reconfigura o plan de rúas peonís, iniciado o pasado 22 de maio, para adaptalo aos meses de verán. Deste xeito, durante os meses de xullo, agosto e setembro, cortarase o tráfico, dende as 16:00 horas dos sábados ata as 23:00 horas dos domingo, unicamente na Travesía do Porto, no Milladoiro, e na rúa Ameneiral, en Bertamiráns.
Con esta medida trátase de seguir mantendo dous espazos, un en cada núcleo urbano, eminentemente peonís para favorecer a mobilidade dos peóns. No Milladoiro, esta rúa súmase a área da zona verde, que está ao carón da casa da cultura e do pavillón polideportivo. Por estes lugares os peóns poden circular sen tráfico rodado.
Por outra banda, en Bertamiráns a peonalización da rúa Ameneiral, súmase ao espazo peonil que existe na praza do Concello. Deste xeito, trátase de crear circuítos peonís en zonas nas que existen espazos abertos para a mobilidade das persoas.
Nestas rúas nas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. En Bertamiráns, poderase acceder aos garaxes da rúa Ameneiral dende a rúa Alcalde Lorenzo, mentres que no Milladoiro poderase acceder aos garaxes da Travesía do Porto dende a rúa Palmeiras. Para acceder ao aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro haberá que circular pola rúa dos Cereixos.
A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, solicita “a colaboración cidadá para dispor de zonas libres de vehículos. O obxectivo é dispor dunha zona, en cada núcleo urbano, na que se lle dea prioridade aos peóns fronte aos vehículos, para que poidan pasear sen perigo”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Travesía do Porto y Amemeiral, en Ames, serán peatonales los fines de semana"