- Tematica
O Concello organiza un evento pensado para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 21 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. O xantar será gratis, pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 302. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 15 de febreiro. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar os días 16, 17 e 20 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello. Tamén se disporá de servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.
O Concello de Ames recuperou no pasado mes de xullo a tradicional festa dos maiores. Agora o Concello volve organizar un novo evento pensado para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 21 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.
Xa está aberto o prazo para inscribirse no cocido. Ata o 15 de febreiro as persoas maiores de Ames poderán inscribirse para participar neste xantar. Para elo hai que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 302.
Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder ao xantar. Os tíckets poderanse recoller os días 16, 17 e 20 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello (no departamento de gabinete de Alcaldía).
A festa estará amenizada coa música do dúo Alborada. Ademais, trala comida farase un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sortearanse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames.
Servizo de autobús polas parroquias
Haberá servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón de Bertamiráns. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.
Esta festa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos, que estean empadroadas no Concello de Ames. Poderase acudir de xeito individual ou en parella. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da parella estea empadroado no Concello.
O alcalde de Ames, Blas García, destaca “o éxito que tivo a festa dos maiores celebrada no pasado mes de xullo á que acudiron preto de 500 persoas. Agora queremos volver organizar un novo evento dirixido ás persoas maiores do concello cun cocido de Entroido, para que gocen dun día de convivencia e festa todos xuntos. Animamos a todos e todas a que se inscriban e acudan disfrazados ao xantar”.
Novas relacionadas:
AMS GO!: "O Concello organiza o martes de Entroido un cocido para as persoas maiores de Ames"
El Correo Gallego: "Cocido gratis para mayores de 65 el martes de Entroido"