Pestanas principais

O Concello pon en marcha unha campaña de apoio ao sector hostaleiro

Sábado, 07 de novembro de 2020

Logo do peche decretado para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID-19,  o concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, vén de poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames consistente na elaboración dunha listaxe na que aparecerán todos os establecementos hostaleiros que o desexen e que ofrezan durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio. As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer nesta listaxe poden enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal. Para obter máis información sobre esta iniciativa pódese chamar ao número de teléfono 662 09 99 44.

Os bares, cafeterías e restaurantes que durante este período especial deben permanecer pechados e que ofrezan servizo de recollida ou entrega a domicilio, poden poñerse en contacto co departamento de promoción económica para formar parte dunha listaxe que recollerá as ofertas de todos os establecementos do municipio. Para aparecer nesta listaxe, os interesados/as deberán enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal, indicando o nome, o teléfono, o enderezo e, no caso de tela, a web do establecemento. 

Cartaz da campaña de apoio á hostalaría