Pestanas principais

O Concello realiza este xoves un sorteo para elixir aos admitidos nas materias de violín, piano e guitarra da EMMA

Mércores, 27 de xuño de 2012

[27-06-2012] Debido a que nas materias de violín, piano e guitarra houbo máis solicitudes de matrícula que prazas, o Concello de Ames convoca un sorteo público que se celebrará este xoves, 28 de xuño, ás 16:30 na sala de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. O sorteo realizarase na seguinte orde: violín, piano e guitarra. Para as demais materias ofertadas non é preciso realizar sorteo. Ademais, no sorteo xerarase unha lista de agarda para as posibles baixas que se poidan dar. Para poder optar a unha destas prazas é preciso acudir ao sorteo ou mandar algunha persoa en representación.

As persoas admitidas terán ata o 6 de xullo para formalizar a matrícula. Poderán facelo ben no Pazo da Peregrina en Bertamiráns de luns a venres, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas, ou ben na Casa da Cultura do Milladoiro de luns a venres desde as 9:30 h. ata as 13:00 horas. Para iso deberán entregar dúas fotos, resgardo do ingreso do importe da matrícula ou documentación necesaria no caso de estar exento/a, e domiciliación bancaria cuberta para os pagos mensuais.

As clases do vindeiro curso comezarán a primeira semana de outubro. Anteriormente haberá unha reunión informativa de inicio de curso a finais do mes de setembro. Poñerase un aviso na web do concello coa data lugar e hora desta reunión. Para responder a calquera tipo de dúbida ou pregunta sobre os cursos da EMMA, os interesados teñen á súa disposición o número de teléfono 981 535 940 en horario de 9:30 h. a 13:00 horas de luns a venres. Así mesmo, os que o prefiran poden tamén enviar un correo electrónico a dirección escolademusica@concellodeames.org