Pestanas principais

O Concello tínxese de verde, lila e rosa para conmemorar o día do cancro metastásico

Mércores, 13 de outubro de 2021

A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde colabora coa “Asociación do Cancro Metastásico” para dar visibilidade ao Día do Cancro Metastásico. Por este motivo, hoxe iluminarase de verde, lila e rosa  a  fachada do Concello e proxectarase un cartaz cun lazo das mesmas cores nas pantallas municipais da Casa do Concello e as Casas de Cultura.

O obxectivo do Día do cancro metastásico é concienciar á cidadanía sobre a necesidade de apoiar e promover proxectos de investigación que axuden á mellora da supervivencia e a calidade de vida dos doentes.

Para concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luisa Feijóo “é moi importante sensibilizar acerca destas doenzas, e máis no caso do cancro metastásico que é gran descoñecido para a poboación e que o que agocha a realidade máis dura porque na actualidade este cancro de mama aínda non se cura, de aí a necesidade de salientar a importancia do apoio e a investigación”.

Cartaz