- Tematica
O Goberno municipal é consciente do malestar que existe entre a veciñanza do rural pola falta de mantemento do alumeado do rural. A empresa Serveo foi a encargada de substituír o alumeado do rural por luces LED. Esta obra foi sufrindo innumerables problemas que se ampliaron actualmente e que están derivando en caídas constantes do alumeado en xeral. A maioría dos núcleos están tendo problemas con apagóns constantes. A obra está en prazo de garantía e dita empresa é a encarga de substituír as luminarias que está avariadas, pero dita substitución estase executando cunha gran demora. Debido a isto o Goberno municipal requiriulle un informe ao director de obra para abrir un expediente de penalidades a dita empresa.
A Xunta de Goberno Local adxudicou en 2021 a obra de substitución do alumeado do rural por luces LED á empresa Serveo. Para desenvolver dito proxecto, o Concello de Ames contou cunha axuda de 1.176.231,15 euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). O orzamento previsto para a execución do proxecto foi de 1.470.288,94 euros. O 80% do orzamento total foi sufragado con fondos europeos concedidos polo IDAE, mentres que o 20% restante, 294.057,79 euros, foron sufragado con fondos propios municipais.
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “desde o comezo das obras vimos sufrindo innumerables problemas coa empresa que se encargou da realización das obras, e o prazo inicial previsto houbo que incrementalo en medio ano máis do previsto por culpa da falta de previsión e a mala organización das obras. Esta obra foi sufrindo innumerables problemas que se ampliaron actualmente e que están derivando en caídas constantes do alumeado en xeral. A maioría dos núcleos están tendo problemas con apagóns constantes, algo que é inxustificable”.
A obra tiña un prazo de execución de seis meses que se ampliou ata practicamente o dobre de tempo. Unha vez rematada e recepcionada a obra esta ten un prazo de garantía para solucionar os problemas existentes, os cales a empresa non está a reparar a pesares das notificacións remitidas.
Debido a iso, o Goberno municipal requiriulle un informe ao director de obra para abrir un expediente de penalidades á empresa Serveo, que foi a que se encargou da execución definitiva da obra. A intención, en canto se poida, é que o propio Concello se encargue con persoal propio de arranxar os problemas existentes no tendido eléctrico do rural, e posteriormente cargarlle os gastos derivados destas reparacións á empresa.
O concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, explica que “dende o Concello de Ames estamos traballando arreo para tratar de solucionar as deficiencias existentes no alumeado do rural o máis axiña posible. Somos conscientes de que a empresa Serveo está demorando moito o arranxo de ditas deficiencias, que lle son notificadas por parte do Concello. Estase buscando a fórmula máis axeitada para que o Concello poida facer e axilizar as reparacións e despois trasladarlle ditos gastos á empresa”.
Por último, o rexedor municipal apunta que “non imos a permitir que a empresa Serveo non cumpra o contrato como debe e intente escaparse das súas responsabilidades, por iso chegaremos ata o final e lle esixiremos á empresa que asuma a súa responsabilidade. Son moitos os veciños e veciñas que están a sufrir os problemas derivados dunha mala execución dunha obra, e non podemos consentir que despois de gastar máis de 1,4 millóns de euros que o servizo de alumeado público sexa deficiente”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames exige la reposición del alumbrado led en el rural recién instalado por los 'innumerables problemas' del servicio"
El Correo Gallego: "Expedientan a la firma que introdujo los LED en el rural por retrasos en reponer"
Lindeiros: "Enfado en Ames polas novas luces led no rural"
Enfoques: "Ames valora expedientar a Serveo por incumplir el contrato de sustitución del alumbrado en el rural"