- Tematica
Esta pasada fin de semana, do 17 ao 19 de xaneiro, celebrouse en Palma del Río, en Córdoba, a primeira xornada da Liga Nacional de Karate. Nesta cita, o deportista amesán, Xoán David Parga, acadou o quinto posto na categoría sub 21 masculino <60 kg na modalidade de kumite.
Esta pasada fin de semana celebrouse na localidade de Palma del Río, en Córdoba, a I Xornada da Liga Nacional de Karate, onde o deportista de Ames, Xoán David Parga, acadou un magnífico quinto posto.
Na súa estrea na categoría sub 21 <60 kg, o amesán realizou uns bos combates ante rivais de gran nivel, chegando ata as semifinais. No combate polo bronce, Xoán David perdeu por un axustado 1-0, acadando finalmente un meritorio quinto posto.
Deste xeito, o karateka de Ames realizou nesta primeira cita nacional unha gran actuación para continuar mellorando e pelexar por unha mellor clasificación en vindeiras competicións. Así mesmo, este resultado consolídao entre os mellores da súa categoría a nivel español.