Pestanas principais

O día 3 de marzo estarán pechadas as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro

Xoves, 27 de febreiro de 2014

[27-02-2014] O Concello de Ames informa de que o vindeiro luns, 3 de marzo de 2014, as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro permanecerán pechadas por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódense poñer en contacto coa empresa Espina & Delfín chamando ao número de teléfono de atención permanente 609 26 48 89. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido por Espina & Delfín.