Pestanas principais

O día 5 de marzo retomaranse as obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón respectando dous carrís na saída da SC-20

Venres, 28 de febreiro de 2025

A comisión de seguimento constituída o pasado 31 de xaneiro de 2025 volveu reunirse hoxe, venres 28 de febreiro, para avaliar os resultados no novo plan de comunicación e anunciar os próximos pasos a seguir. A subdelegada do Goberno, María Rivas, avanzou nesta comisión o inicio das obras de humanización polo carril dirección Padrón.

Neste encontro no que tamén estivo presente o alcalde de Ames, Blas García, os concelleiros de Urbanismo e Obras, Víctor Fernández e Gustavo Nieto, o xefe da Demarcación de Estradas en Galicia, Ángel González del Río, e representantes do tecido asociativo e empresarial de Ames como XEA e a Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro.

A subdelegada tamén informou de dúas modificacións no proxecto para facilitar a mobilidade e mellorar a seguridade, tanto de vehículos como de peóns. Trátase da construción dunha rotonda provisional en Galanas para conectar coa VG-1.7, que conecta a N-550 coa autovía Brión-Santiago, e a permanencia dos dous carrís de Rosalía de Castro ata a altura da rúa Raxoeira para desafogar a rotonda.

O alcalde, Blas García, mostrouse satisfeito coa creación desta comisión e co traballo realizado ata o momento: “Esta é unha obra complexa que vai xerar molestias nalgunhas fases, pero que sen ningunha dúbida vai merecer a pena. Esta comisión nace para dar  resposta a todos os problemas que poidan ir xurdindo durante este proceso de humanización”.

María Rivas salientou a boa marcha dos traballos, que a semana que vén xa estarán en marcha no primeiro tramo en ambos os sentidos, e apuntou o feito de que o comezo das novas obras en sentido Padrón se produza nun día non lectivo, “o que permite minimizar as afectacións ao tráfico e facilitar a adaptación a esta nova fase das obras”.

A subdelegada e o alcalde agradeceron ás diferentes entidades implicadas o seu traballo para levar a bo porto esta actuación, “chamada a converter este tramo de nacional nun espazo máis amable e, por conseguinte, a mellorar a vida dos veciños e veciñas do Milladoiro”. Tamén celebraron a boa acollida das medidas establecidas para atender as peticións da veciñanza, das empresas e dos colectivos sociais.

Consultas relacionadas coa execución da obra
Para calquera consulta relacionada coas obras, a cidadanía ten á súa disposición a oficina de obra situada na rúa das Palmeiras, 83 en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas de luns a venres; o teléfono de contacto 881 817 218 e un enderezo electrónico (milladoiro@eptisa.com) no que poderán realizar reclamacións, incidencias ou suxestións asociadas coas obras de humanización da travesía do Milladoiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "O Milladoiro mantendrá un tramo de dos carriles en la N-550 para agilizar el tráfico, y las obras de esta fase comienzan el miércoles"

AMSGO!: "O día 5 de marzo retomaranse as obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón respectando dous carrís na saída da SC-20"

O día 5 de marzo retomaranse as obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón respectando dous carrís na saída da SC-20

Multimedia

  • O día 5 de marzo retomaranse as obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón respectando dous carrís na saída da SC-20