Pestanas principais

O domingo, 11 de marzo, haberá cortes e prohibicións de estacionamento na avenida José Luis Azcárraga debido á realización da proba BTT Transgalaica

Martes, 06 de marzo de 2018

[06-03-2018] Este domingo, 11 de marzo, terá lugar en Bertamiráns a segunda proba do circuíto Transgalaica 2018, que se desenvolverá nos arredores do Pazo da Peregrina. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso municipal dos cortes e da prohibición de estacionamento na avenida José Luis Azcárraga.

Desde o sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas, ata o domingo 11 de marzo, ás 15:00 horas, queda prohibido estacionar na avenida José Luis Azcárraga. Ademais, esta avenida estará pechada ao tráfico ata o cruce da vía que vai cara Casas do Monte (Covas), desde as 07:30h ata as 14:30 horas do domingo.