- Tematica
O vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 17.00 horas, celébrase a segunda edición da Festa de Nadal do programa Amessan, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá actuacións dos grupos de pandereteiras de Amessan, así como degustación de chocolate, rosca, música e baile... Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairán dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 16.45 horas. Para participar na Festa de Nadal hai que inscribirse chamando ao número de teléfono 662 377 044.
A Festa de Nadal do programa Amessan, organizado pola Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames, desenvolverase o domingo, 19 de decembro, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta é a segunda edición de dita festa, que irá rotando entre Bertamiráns e mailo Milladoiro. En 2019 celebrouse no Milladoiro, en 2020 non se celebrou debido ás restrición pola pandemia da Covid-19, e no ano 2021 vaise realizar en Bertamiráns.
Na festa actuarán os grupos de pandereteiras do programa Amessan. Tamén haberá degustación de chocolate, rosca, música e baile... Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as diferentes parroquias. Sairán dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 16.45 horas. Para participar na Festa de Nadal hai que inscribirse chamando ao número de teléfono 662 377 044.
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, indica que “despois duns tempos duros de confinamento e moitas restricións, agora despois da terceira dose da vacina é hora de ir volvendo a “normalidade” aínda que respectando todas as medidas de precaución como son a distancia social, aforos e o uso da máscara. Necesitamos esa presencialidade, ese volver a compartir tempos, conversa, voltar a socializar, e sobre todo compartir experiencias, e como non compartir un pouco de baile e risas, sempre cumprindo todas as medidas pola COVID-19”.
Programa Amessan
Este programa de envellecemento activo, destinado a persoas maiores de 60 anos, inclúe actividades de ximnasia terapéutica e de manualidades, así como obradoiros de música tradicional e de memoria, baile e bailoterapia. Estas actividades desenvólvense nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira e Trasmonte.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Os maiores de 60 anos do programa Amessan van ter a súa Festa de Nadal o domingo"