Pestanas principais

O equipo de Nova Unión Galicia de Brazilian Jiu-Jitsu gaña tres medallas de ouro no Campionato Ibérico

Domingo, 14 de agosto de 2011

[14-08-2011] O equipo de Nova Unión Galicia de Brazilian Jiu-Jitsu do ximnasio Sport Unlimited do Concello de Ames, conseguiu tres medallas de ouro no Campionato Ibérico, celebrado no pasado mes de xullo en Lisboa. Ademais das tres medallas de ouro, quedaron no sétimo posto na clasificación final por equipos. O Brazilian Jiu-Jitsu é unha arte marcial, deporte ou forma de defensa persoal que se centra nas técnicas que se orixinan no jiu-jitsu xaponés, e se derivan do judo, tal e como era practicado en Xapón no século XIX.


O Brazilian Jiu-Jitsu

O Jiu-Jitsu brasileiro, coñecido internacionalmente pola súa tradución ao inglés, Brazilian Jiu-Jitsu, é unha arte marcial, deporte ou forma de defensa persoal que se centra nas técnicas que orixinan no jiu-jitsu xaponés, e se derivan do judo, tal e como era practicado en Xapón no século XIX, aínda que mellorado sobre todo na loita corpo a corpo no chan.

Nos seus inicios foi coñecido como Gracie Jiu-Jitsu (debido ao apelido da familia que o desenrolou, os cales tiñan antecedentes escoceses) e se especializaba na loita que se practicaba no chan, sendo o obxectivo gañar unha posición de control contra o opoñente no chan e a partir dela utilizar luxacións nas articulacións (nocellos, ombros, cervicais, xeonllos) ou estrangulacións (principalmente as sanguíneas) para forzar ao opoñente a renderse, deixándoo nunha situación hipotética de violencia extrema, fora de combate ou inconsciente dependendo na técnica de sometemento usada polo practicante.

Segundo o seu fundador, Hélio Gracie: "Deus creou aos homes, uns fortes e outros menos. O Jiu-Jitsu iguala ou minimiza esa disparidade de diferenza de forza e/ou altura unha vez que un opoñente de menos envergadura ou peso decide proxectar ao seu adversario levándoo ao chan para desde aí utilizar algunha técnica de Jiu-Jitsu". Actualmente este deporte atravesa un período de expansión en todo o mundo que non rexistra precedentes grazas a eficacia da súa técnica.


O equipo de Nova Unión Galicia de Brazilian Jiu-Jitsu do ximnasio Sport Unlimited, veciños do Concello de Ames e composto por tres deportistas liderados polo seu adestrador, o campión do Brasil Adriano Bellumath, participaron o pasado 16 de xullo no Campionato Ibérico (España-Portugal) de Brazilian Jiu-Jitsu celebrado en Lisboa. En total obtiveron tres medallas de ouro (tres de tres) entre case 200 competidores de ambos países participantes. Ademais, quedaron na sétima posición na clasificación final por equipos. Os campión foron Víctor Varela Uzal, na modalidade sénior - lixeiro, Jaime Garaboa Villaverde, na modalidade sénior - semipesado, e Miguel Vila Ageitos, en sénior - superpesado.