- Tematica
O club de atletismo MillaRaio remata a tempada de aire libre con grandes resultados. Despois de obter moi bos resultados no campionato autonómico, o equipo sub14 feminino do clube participará no campionato de España sub14 por equipos esta fin de semana, onde competirá con trinta clubes de todo o país.
Os días 12 e 13 de outubro celebrarase en Alcobendas o campionato de España Sub14 por equipos. A esta cita o equipo amiense MillaRaio acudirá co seu equipo sub14 feminino, despois de lograr a súa clasificación para a competición nacional. Esta será a novena ocasión na que o clube consegue clasificarse para este campionato.
O equipo estará formado por nove atletas: Lucía Buján, Adriana Fernández, Claudia Vila, Helena Guillén, Martina Centenera, Vera Martínez e Sara Barreiro do MillaRaio; e Ariana Iglesias e Cayetana García do club filial Atletismo Noia.
O equipo viaxará cos adestradores Anxo Lema e Laura Barbazán e varios membros da directiva grazas á axuda da Deputación da Coruña e á colaboración con Addomo Arquitectura Modular.