Pestanas principais

O espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”

Venres, 06 de setembro de 2024

Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.

As instalacións do espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acollerán dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”, unha iniciativa posta en marcha do 16 ao 22 de setembro polos diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña. Trátase da primeira edición desta iniciativa que se vai desenvolver nos 11 Coworking da rede provincial.

A Rede Coworking Fest 2024 ofrece a oportunidade perfecta para coñecer os espazos de traballo da provincia, participar en obradoiros, charlas e eventos destinados a potenciar o networking e a aprendizaxe entre profesionais de distintos sectores. A semana contará con iniciativas que van dende dinámicas formativas ata actividades culturais, deseñadas para fomentar o intercambio de ideas, a colaboración e o crecemento empresarial.

A concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz, destaca que “a través desta iniciativa trátase de promover a creación de sinerxías entre emprendedores, freelancers e pequenas empresas. Tamén ten o obxectivo de dar a coñecer a importancia dos espazos de coworking como impulsores da economía local e facilitar oportunidades de networking e formación, achegando coñecementos prácticos e experiencias compartidas”.

No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.

Encontro de emprendemento feminino
O mércores, 18 de setembro, de 12:30 a 14:00 horas, o espazo colaborativo A Poa acollerá un programa de encontros entre mulleres co obxectivo de visibilizar o impacto do emprendemento feminino e fomentar a colaboración entre mulleres emprendedoras. A través deste encontro tamén se pretende recoñecer e fortalecer habilidades a través de dinámicas de grupo, facilitar a creación dunha comunidade de apoio e inspirar e motivar a novas emprendedoras. Este mesmo encontro vaise organizar o luns 16 de setembro no Coworking da Pobra na Pobra do Caramiñal.

Obradoiro de mentalidade e vendas
Por outra banda, o xoves 19 de setembro, de 10:30 a 12:30 horas, vaise impartir tamén no espazo colaborativo A Poa, o obradoiro de mentalidade e vendas. A través desta actividade os/as coworkers mergullaranse no mundo das vendas, identificando os desafíos que obstaculizan o seu camiño cara ás vendas. Tamén coñecerán a estrutura dunha chamada de vendas así como as obxeccións ou escusas máis comúns dos seus clientes.

Os obxectivos deste obradoiro son recoñecer e abordar bloqueos mentais e emocionais que obstaculizan o seu éxito nas súas vendas; coñecer a estrutura de vendas: recibirán pautas breves sobre como iniciar, desenvolver e pechar unha chamada de vendas con éxito, maximizando así as oportunidades de conversión nun tempo limitado; e abordar obxeccións comúns: recibirán consellos rápidos sobre como responder de maneira eficaz ás preocupacións e dúbidas dos clientes, transformando as obxeccións en oportunidades de peche de vendas.

O espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”

Multimedia

  • O espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”
  • O espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”
  • O espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”