Pestanas principais

O espazo coworking A Proa organiza un taller sobre as axudas para autónomos

Venres, 24 de xuño de 2022

O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 29 de xuño, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Todo sobre as axudas para autónomos”. Falarase sobre as axudas para autónomos, os requisitos para solicitalas e a información de interese para os usuarios do coworking e público externo ao Espazo. A charla será impartida por Jorge Couñago, axente de desenvolvemento local no Concello de Ames. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.

O vindeiro mércores, 29 de xuño, continúa a oferta de actividades do espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro. Este centro coworking organizou un programa de talleres que comezou no pasado mes de marzo. Neste caso vaise a desenvolver o taller denominado “Todo sobre as axudas para autónomos”.

O axente de desenvolvemento local no Concello de Ames, Jorge Couñago, impartirá unha conferencia sobre as axudas para autónomos, os requisitos para solicitalas e a información de interese para os usuarios do coworking e público externo ao Espazo.

Esta actividade é de balde e conta con prazas limitadas. As inscricións poden realizarse premendo nesta ligazón. Para máis información pódese visitar a páxina web www.espazoaproa.gal.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “dende o pasado mes de marzo o centro colaborativo A Proa está desenvolvendo un programa específico de actividades. Neste mes de xuño xa tivemos un taller impartido polas coworkers Isabel Viñas del Río e Luján Kubrusli sobre a presencia dixital para emprendedores. Agora, a vindeira semana completamos a oferta de actividades cun taller sobre as axudas para autónomos”.

O espazo coworking A Proa organiza un taller sobre as axudas para autónomos

Multimedia

  • O espazo coworking A Proa organiza un taller sobre as axudas para autónomos