Pestanas principais

O espazo coworking A Proa organiza un taller sobre seguridade informática para as PEMEs

Venres, 30 de setembro de 2022

O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 5 de outubro, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Taller de seguridade informática nas PEME”. Este obradoiro íase a impartir o pasado 16 de setembro, pero tívose que adiar. Deste xeito, tras un breve parón durante os meses de xullo e agosto, retómanse as actividades no centro de coworking A Proa. O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), será o encargado de impartir dito taller. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.

O vindeiro mércores, 5 de outubro, continúa a oferta de actividades do espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro. Este centro coworking organizou un programa de talleres que comezou no pasado mes de marzo. Neste caso vaise a desenvolver un taller sobre seguridade informática na PEME.

O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), impartirá dito taller en horario de 18:00 a 19:30 horas. Esta actividade é de balde e conta con prazas limitadas. As inscricións poden realizarse premendo nesta ligazón. Para máis información pódese visitar a páxina web www.espazoaproa.gal.

Nesta actividade coñeceranse ferramentas de seguridade de hardware, software e das redes. Ademais, falarase das normas básicas da LOPD; como garantir a protección dos datos e dos medios informáticos; e como navegar pola rede e empregar o correo electrónico de xeito seguro. Por último afondarase na formación do usuario.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “despois dun breve parón durante os meses de xullo e agosto retómanse as actividades no centro de coworking A Proa. O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital, impartirá un taller sobre seguridade informática para as PEMEs”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Proa achega ás pemes a seguridade informática"

Enfoques: "El espacio coworking A Proa acoge un taller sobre seguridad informática para las pymes"

O espazo coworking A Proa organiza un taller sobre seguridade informática para as PEMEs