Pestanas principais

O Espazo de Coworking “A Proa” conta con 17 postos ocupados

Luns, 25 de setembro de 2023

O espazo de coworking “A Proa” conta na actualidade con 17 de 36 postos cubertos por 12 empresas.  A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, reuniuse coa xestora do espazo, Nieves Iglesias, o fundador e xerente de WekCo, Juan Diego Pereiro, o técnico Jorge Couñago, e cos coworkers para coñecer de primeira man os proxectos de nova incorporación deste espazo e as dinámicas de colaboración que establecen os e as integrantes.

A parte da colaboración entre os propios traballadores que utilizan este espazo as empresas que levan a cabo os seus proxectos colaborarán de forma estreita co Concello de Ames, que as axudará na promoción dos seus proxectos. Paz destaca a importancia desta iniciativa pois “con ela, o Concello de Ames, quixo dar un paso máis no ámbito da promoción económica e empresarial e pouco a pouco iremos vendo os froitos deste investimento”.

As empresas instaladas na actualidade son 12: Impulsa Dixital, Indigena Films, Palabra Xeneradora, Marxe e Territorios Latentes, Aquelando S.L., Angel Marcelino Costa, Panda Lab English, Serea Film, Temporit, Leiloio Internacional, Eco-Huella, Andrea Ferreti Moncau.

“A Proa”
O local ocupa a planta baixa do edificio de entrada ao parque empresarial, con forma de barco, e que chama a atención polo seu deseño, así como polo alto nivel de implantación na zona de empresas do sector tecnolóxico. O feito de atoparse xusto na entrada do parque empresarial servirá como referente e punto de información para todos aqueles emprendedores ou empresas que decidan iniciar o seu negocio en Ames.

O espazo de coworking dispón dunha superficie de 400 metros cadrados e con servizo de acceso á Internet, reprografía, e un servizo de mentorización personalizado e asesoramento. Dispón dun espazo común con 36 postos de traballo e tres postos en despachos independentes. Se os postos fixos non se ocupan todos, haberá postos eventuais que se poderán empregar días concretos para facer xuntanzas ou para acudir ao coworking en días soltos durante a semana.

Dispón dunha sala de reunións multimedia para impartir formación; unha zona de recepción; unha zona de espera, ademais de taquillas, escritorios para traballo individual e colectivo e unha zona de descanso para lunch ou café.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Doce empresas copan ya la mitad del espacio disponible en el coworking A Proa de Ames"

La Voz de Galicia: "Personal de 12 empresas ocupa 17 puestos en el coworking A Proa de O Milladoiro"

O Espazo de Coworking “A Proa” conta con 17 postos ocupados

Multimedia

  • O Espazo de Coworking “A Proa” conta con 17 postos ocupados