Pestanas principais

O fotoxornalista e activista, Alejandro Zapico, presenta o documental “No habrá paz sin las mujeres” no IES do Milladoiro

Sábado, 25 de xaneiro de 2025

O alumnado de cuarto da ESO do IES do Milladoiro participou este venres, 24 de xaneiro, na estrea do documental “No habrá paz sin las mujeres”, producido pola periodista Patricia Simón e o fotoxornalista e activista, Alejandro Zapico. Dito alumnado xa participou o pasado venres, 10 de xaneiro, nunha foliada solidaria para Palestina, organizada na Casa da Cultura do Milladoiro, co obxectivo de recadar fondos para a ONG Paias@s en Rebeldía. Ademais, vaise organizar unha exposición de fotografías de Alejandro Zapico. A vindeira semana anunciarase o lugar e mailo día de inauguración de dita mostra.

O IES do Milladoiro recibiu este venres, 24 de xaneiro, a visita do fotoxornalista e activista, Alejandro Zapico, que lle presentou ao alumnado de cuarto da ESO o documental “No habrá paz sin las mujeres”, producido pola periodista Patricia Simón e polo propio fotoxornalista Alejandro Zapico. Despois de ver o documental, Alejandro Zapico, ofreceu unha charla sobre palestina.

O traballo de Patricia Simón e Alejandro Zapico, ambos cunha recoñecida e dilatada traxectoria na cobertura de conflitos, achega de novo as violacións de dereitos humanos que sofren as mulleres palestinas en Cisjordania e a evolución da súa situación na última década.

Dende a dirección do IES do Milladoiro destacan “tivemos a grande sorte de ver a estrea do documental de Patricia Simón e Alejandro Zapico. Se o documental foi impactante para nós, a charla posterior con el foi unha grande lección vital. Aprendizaxe significativo de que a guerra é un sinsentido, sexa onde sexa e que o futuro pasa polo activismo da rapazada. Hoxe tocou falar de Palestina, pero o mundo está inzado de inxustizas que precisan ser contadas cunha ollada crítica e amable como a de Álex Zapico”.

O fotoxornalista e activista, Alejandro Zapico, presenta o documental “No habrá paz sin las mujeres” no IES do Milladoiro

Multimedia

  • O fotoxornalista e activista, Alejandro Zapico, presenta o documental “No habrá paz sin las mujeres” no IES do Milladoiro