Pestanas principais

O Fútbol Club Meigas xogará contra o Ourense Envialia o 4 de setembro

Mércores, 01 de setembro de 2021

A Escola Feminina de Fúbtol Sala Meigas xogará contra o Ourense Envialia o vindeiro sábado 4 de setembro ás 18.30 horas, no Pavillón de Bertamiráns. Trátase do segundo amigable da pretempada 2021-2022 do F.C. Meigas. Podes adquirir a túa entrada nesta ligazón.

Esta mañá, no Salón de Plenos da Casa do Concello, presentouse o segundo partido da pretempada do club de fútbol sala Meigas. Ao acto asistiron Diego Montero e Paola Vignolo en representación do Meigas e Gonzalo Iglesias, "Morenin", do Ourense Envialia. En representación do Goberno Municipal asistiu a concelleira de Deportes, Susana Señorís.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, anunciou a súa presenza para animar ao Fútbol Club Meigas “o sábado será o pistoletazo de saída da temporada do F.C. Meigas con este partidazo que non nos podemos perder”. Ademais a concelleira quixo agradecerlle ao Ourense Envialia a súa xenerosidade “moitas grazas Morenín por vir a Ames e traer a unhas xogadoras de altísimo nivel ao noso concello. Estes partidos serven para aprender, para competir... pero, sobre todo, para desfrutar do que se fai”.

Pola súa banda, o adestrador do Ourense Envialia, Gonzalo Iglesias "Morenin", recoñeceu estar encantados con este amistoso “espero que nos serva a ambos clubs de traballo físico e carga de pretempada, xa que ,ambos equipos comezamos a competición a mesma fin de semana”. Morenín concluíu convidando a todo o mundo a desfrutar dunha fin de semana de fútbol feminino.

Este amigable supón segundo a presidenta do Meigas, Paola Vignolo, continuar co proxecto de traer fútbol sala feminino de alto nivel a Ames. A presidenta do Meigas recoñeceu que “esta é unha gran oportunidade para que as rapazas do Meigas se enfronten a un equipo de tanta calidade, pois este tipo de partidos supón unha aprendizaxe moi significativa”.

O adestrador do Meigas,  Diego Montero, recoñeceu que non é habitual que un equipo de 1ª División se preste a xogar contra un equipo de Preferente Galega “é moi importante para o concello traer fútbol sala de alto rendemento e ao mesmo tempo para as rapazas compartir pista con algunhas das mellores xogadoras do mundo e cun dos mellores adestradores do mundo”. E engadiu “ despois do susto inicial de ter que enfrontarse a un equipo desta categoría as rapazas afrontan os adestramentos con ilusión, preparando tácticas e estratexias de defensa para competir ao mesmo tempo que desfrutan”.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "O Fútbol Club Meigas mídese co Ourense Envialia este sábado no segundo amistoso da pretempada"

Presentación do partido Fútbol Club Meigas - Ourense Envialia

Multimedia

  • Presentación do partido Fútbol Club Meigas - Ourense Envialia
  • Presentación do partido Fútbol Club Meigas - Ourense Envialia
  • Presentación do partido Fútbol Club Meigas - Ourense Envialia
  • Presentación do partido Fútbol Club Meigas - Ourense Envialia