[28-06-2011] O equipo encabezado por Santiago Amor, que chegou ao goberno no concello de Ames despois de gañar as eleccións por maioría absoluta o pasado 22 de maio, acadando 11 concelleiros, xa ten definidas as tenencias de alcaldía e os membros que formarán parte da Xunta de Goberno Local. Ramón García Argibay será o primeiro tenente de alcalde e o voceiro do grupo de goberno. Ademais, Santiago Amor delegou na concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González Gómez, a sinatura diaria de oficinas xerais para que este trámite non atrase polo exercicio das funcións propias da alcaldía.
O primeiro tenente de alcalde será o concelleiro delegado de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo, Ramón García Argibay; quen tamén asume o cargo de voceiro do goberno. A segunda na tenencia de alcaldía será María Dolores Fernández Álvarez, seguida de Bernardo Moar, Eugenia Martín Vicente, Alfonso Rey López e Alfredo Taboada Albelo.
A Xunta de Goberno Local estará composta por Santiago Amor e seis concelleiros máis: Ramón García Argibay, María Dolores Fernández Álvarez, Bernardo Moar, Eugenia Martín Vicente, Alfonso Rey López e Alfredo Taboada Alvelo.
O alcalde, Santiago Amor, delega en María González a sinatura diaria de oficinas xerais
Santiago Amor delega na concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González Gómez, a sinatura diaria de oficinas xerais para que este trámite non atrase por mor do exercicio das funcións propias da alcaldía. A intención de Santiago Amor é axilizar o día a día da cidadanía e darlle un mellor servizo.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Argibay se convierte en el número dos del nuevo gobierno amiense"
La Voz de Galicia: "Santiago Amor delega la firma en una edila para «axilizar o día a día»"