[29-06-2017] O alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e a concelleira de Turismo, Isabel González, visitaron as instalacións da praia fluvial de Tapia para ver de primeira man o resultado dos traballos feitos nesta lugar para mellorar a accesibilidade das instalacións desta área recreativa. Investíronse 28.028 euros dos cales 27.293,62 euros foron achegados a través dunha subvención da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade pertencente á Consellería de Política Social.
Por outra banda, para mellorar a accesibilidade fíxose un vao peonil que consistiu na eliminación dun tramo de adoquíns de 1,20 metros de lonxitude e a posterior execución dunha rampla de formigón que facilita o tránsito entre as prazas de estacionamento adaptadas, a cantina e a piscina. Así mesmo, adaptouse o mostrador da cantina, de xeito que dispón dun tramo de 1,50 metros de ancho, cunha altura de 85 centímetros, sen obstáculos e cunha altura na súa parte inferior de 0,70 centímetros para poder atender a persoas en cadeiras de rodas ou de baixa estatura.
Aseos accesibles e adquisición dunha cadeira anfibia
Tamén se realizaron actuacións nos espazos hixiénico-sanitarios. Deste xeito, no módulo onde están situados os aseos e vestiarios femininos, executouse unha ducha e un vestiario independentes e accesibles para ambos sexos, e no módulo onde están os aseos e vestiarios masculinos realizouse un aseo adaptado para homes e mulleres con acceso independente. Tamén se colocou unha cadeira adaptada para o baño.
Por último, cómpre destacar que se realizaron actuacións nos espazos de uso común coa colocación de novo mobiliario urbano accesible. Deste xeito, colocáronse catro bancos con repousabrazos e respaldo e unha fonte. Tamén se fíxose un merendeiro accesible cunha mesa e dous bancos de pedra. Na piscina infantil substituíuse a porta existente por outra cunha anchura de oco libre de 1,00 metro con manilla accesible e comprouse unha cadeira anfibia, que permite a inmersión de persoas con mobilidade reducida tanto na piscina infantil coma na praia fluvial.
O Concello de Ames foi beneficiario dunha subvención con cargo a Orde do 21 de xullo de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, para os anos 2016 e 2017. Deste xeito, as obras de mellora da accesibilidade na praia fluvial de Tapia (itinerarios, adaptación de mostrador e aseos, praza de aparcamento, mobiliario urbano e guindastre piscina) foron cofinanciadas pola Unión Europea a través do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. Este proxecto tivo o obxectivo (obxectivo temático 9) de promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación. Unha maneira de facer Europa.
O Concello de Ames vén de rematar hai unhas semanas as obras de mellora da accesibilidade da praia fluvial de Tapia. O obxectivo do goberno municipal era mellorar as instalacións desta área recreativa que é tan frecuentada durante a época estival. Para iso recibiuse unha axuda de 27.293,62 euros por parte da Consellería de Política Social destinada á mellora da accesibilidade en edificios e espazos de uso público. Esta axuda está cofinaciada polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia 2014-2020.
O alcalde de Ames, José Miñones, destacou a importancia destas obras xa que “permiten facer máis accesibles estas instalacións que son moi frecuentadas durante os meses de verán. Deste xeito, as instalacións da praia fluvial de Tapia foron adaptadas para que sexan accesibles para as persoas con diversidade funcional. Estamos traballando para facer un concello máis accesible”.
A través das actuacións realizadas habilitáronse dúas prazas de aparcamento adaptadas ás persoas con mobilidade reducida próximas á entrada principal. Estas prazas de estacionamento teñen unhas dimensións de 5,00x3,50 metros e contan coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Executáronse sobre unha superficie pavimentada con adoquíns. Asemade, executouse un acceso pavimentado en formigón impreso con textura de adoquín, cunha lonxitude de 55 metros, un ancho de 2 metros e un groso de 15 centímetros con maiazo de aceiro para evitar fisuras. Esta senda une o aparcadoiro coa piscina infantil.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Ames mejora la accesibilidad a las instalaciones de la playa de Tapia"