Pestanas principais

O IES do Milladoiro celebra a Grande Festa da Luz, unha xornada para aprender de xeito colaborativo

Venres, 20 de decembro de 2024

Esta mañá celebrouse no IES do Milladoiro a “Grande Festa da Luz” para poñer o peche deste ano 2024, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a convivencia positiva entre o alumnado. Deste xeito, o alumnado participou ao longo de toda a mañá diferentes actividades nas que puideron aprender e explorar dun xeito dinámico e divertido, coma aprender do mundo da cociña da man do cociñeiro Kike Piñeiro, xogar con física cuántica con Brazolinda ou gozar dos mellores consellos musicais co músico e produtor Pedro Pascual. Co lema “Somos diferentes, somos referentes”, o IES do Milladoiro desenvolveu unha xornada na que se puxo o foco na importancia de valores coma o do respecto e o da igualdade no ámbito educativo. En representación do Goberno municipal acudiu a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto.

O IES do Milladoiro celebrou esta mañá a súa “Grande Festa da Luz”, unha iniciativa que reuniu a toda a comunidade educativa para poder aprender e compartir a través de diferentes proxectos colaborativos co alumnado. O centro realizou diferentes “focos de aprendizaxe”, uns espazos abertos nos que a rapazada do instituto puido desenvolver diferentes actividades; aprender sobre o mundo da alta cociña da man do chef Kike Piñeiro, proxección de cinema, xogos de física cuántica con Brazolinda, un espazo para realizar un programa de radio en directo, aprender sobre o mundo da música co músico e produtor Pedro Pascual, diferentes obradoiros, teatro ou o espazo do club da ciencia, entre moitos outros.

Pola súa banda, o director do IES Milladoiro, Manuel Maseda, en representación de todo o equipo directivo, destacou durante a presentación do evento a traballo realizado no centro no último tempo, “aquí hai unha cuestión de transición e restauración a través do sentimento, cun posicionamento moi activo do claustro de profesores, do persoal non docente e sobre todo das familias”. Así mesmo, resaltou a importancia de “facilitar espazos de encontro, coma os de hoxe, nos que toda a comunidade educativa ten o seu sitio”.

Pola súa banda, o inspector da Consellaría de Educación, Manuel Guerra Fernández, destacou a melloría do IES do Milladoiro, “o traballo foi inxente e agora o centro está nunhas condicións ambientais e de convivencia ao nivel de calquera outro centro. Hai detrás moitísima tarefa de todo o persoal do centro, sobre todo do equipo directivo”.

Deste xeito, o alumnado do IES do Milladoiro gozou dunha xornada educativa diferente, na que puideron despedir o 2024 compartindo e explorando de xeito colaborativo, pero onde tamén houbo tempo para a festa. Ao final da xornada, a rapazada gozou dunha chocolatada, coa colaboración da ANPA e as familias do centro, e dunha sesión de música  con música en galego dos últimos 25 anos, axudando así tamén á dinamización lingüística.

Ao longo do resto do ano académico, o centro educativo continuará a desenvolver proxectos semellantes ao realizado hoxe, para seguir mantendo a boa dinámica que está a levar o centro e que o alumnado poida aprender e explorar de xeito diferente para saír da rutina diaria. 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "IES do Milladoiro, diferente e referente"

El Correo Gallego: "O IES do Milladoiro abre unha nova etapa como centro referente en integración"

O IES do Milladoiro celebra a Grande Festa da Luz, unha xornada para aprender de xeito colaborativo

Multimedia

  • O IES do Milladoiro celebra a Grande Festa da Luz, unha xornada para aprender de xeito colaborativo