Pestanas principais

O karateka amesán Tiago Blanco conclúe a súa etapa como benxamín no décimo posto do ranking nacional absoluto

Xoves, 19 de decembro de 2024

Esta pasada fin de semana, do 13 ao 15 de decembro, celebrouse en Pontevedra a Gran Final da Liga Nacional de Karate. Nesta cita, o deportista amesán, Tiago Blanco, da escola de Karate Dokkodo, disputou o seu último campionato na categoría benxamín, concluíndo así esta etapa no décimo posto do ranking nacional absoluto.

Esta pasada fin de semana celebrouse na cidade de Pontevedra a Gran Final da Liga Nacional de Karate, na que a Escola de Karate Dokkodo estivo representada polo deportista Tiago Blanco.

Con esta participación, a pesar de que desta volta non conseguiu avanzar na competición, o karateka disputou así a seu último campionato na categoría benxamín, concluíndo esta etapa no décimo posto do ranking nacional absoluto nesta categoría.

Tiago Blanco estrearase na categoría alevín o vindeiro 28 de decembro, coa disputa da 1ª Xornada da Liga Galega. Deste xeito, o karateka seguirá formándose e medrando como deportista para seguir demostrando o gran nivel do karate galego no panorama nacional.

Tiago Blanco na competición desta pasada fin de semana

Multimedia

  • Tiago Blanco na competición desta pasada fin de semana
  • Tiago Blanco na competición desta pasada fin de semana