Pestanas principais

O luns, 12 de febreiro, as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín en Ames estarán pechadas

Venres, 09 de febreiro de 2018

[09-02-2018] O Concello de Ames informa de que a empresa Espina & Delfín vén de emitir un aviso no que se comunica que o luns, 12 de febreiro, estarán pechadas as oficinas que ten esta entidade nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódese chamar ao número de teléfono de atención permanente 673830393.