Pestanas principais

O mércores 30 de xuño comeza a fase de preselección do concurso Canta con Ames

Martes, 29 de xuño de 2021

Na Praza de Manuel Murguía, ás 17.00 horas, realizarase o acto de preselección do concurso de karaoke "Canta con Ames" o mércores 30 de xuño. Participarán 14 persoas repartidas entre as 3 categorías. 20 persoas como máximo, cada unha na súa categoría correspondente, pasarán á semifinal que se celebrará o vindeiro 28 de xullo no Milladoiro, coincidindo coas festas da Madalena. A ambos eventos poderá acudir público con limitación de aforo.

A fase de preselección do concurso de karaoke “Canta con Ames” desenvolverase de xeito presencial en dúas xornadas: o 30 de xuño no Milladoiro e o 3 de xullo en Bertamiráns. En cada unha delas participarán 14 persoas repartidas en 3 categorías, destacando a alta participación no grupo infantil.

Destaca a alta participación na categoría infantil fronte a categoría súper sénior ( máis de 61 anos,  na que non houbo ningún participante. Nesta fase, a maioría de persoas optaron por competir con cancións actuais. Inscribiuse xente dos Concellos de Ames , Padrón , Sanxenxo , Cee, Carballo e Negreira .

20 persoas, como máximo, cada unha na súa categoría correspondente, pasarán á semifinal que coincidirá coas festas de Milladoiro. Terá lugar o 28 de xullo na praza de Manuel Murguía, en plena celebración da festividade da Madalena. Cada cantante interpretará unha canción, ou segmento, en galego, castelán ou inglés. O tempo non poderá exceder de 2 minutos por participante. De esta fase sairán 8 seleccionados, dous por categoría que pasarán á fase final. As persoas que non pasen á final recibirán vales para gastar no comercio e na hostalaría local.

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o 7 de agosto a final do concurso. Coincidirá coa celebración das festas da Peregrina. Os aspirantes interpretarán dous temas de diferente estilo musical. Todos os participantes da final levarán como premio un trofeo, unha cesta natural e un vídeo do seu paso polo concurso. Aos/ás semifinalistas de cada categoría outorgaráselles tamén un cheque de 30 euros para investir no comercio local. Os gañadores/as obterán un cheque de 100 euros, tamén canxeable no comercio local e a posibilidade de cantar nas prebadaladas de fin de ano. Nesta fase final será onde os participantes poderán interpretar os temas enteiros, sempre que non superen os 4 minutos.  Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da final.

O xurado
O xurado da fase presentación e da fase de preselección estará composto por 3 membros nomeado por resolución de alcaldía entre persoal que participe na organización da actividade. O xurado da fase semifinal e da final estará composto por 3 membros nomeados por resolución de alcaldía entre profesionais do mundo da música.

O xurado avaliará os seguintes criterios: harmonía, ritmo, afinación, dominio da escena e interpretación. Tendo en conta os criterios de avaliación, cada persoa do xurado, poderá outorgar a cada participante de 1 a 10 puntos por actuación.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Las mejores voces, en O Milladoiro"

concurso Canta con Ames

Multimedia

  • concurso Canta con Ames