- Tematica
O pasado domingo, 2 de xuño, disputouse o XXXVIII Trofeo de fútbol Concello de Ames 2019 no campo municipal do Milladoiro. Este ano decidiuse xuntar todo o torneo nun mesmo día cun formato triangular. No primeiro encontro o Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD empataron 1-1. O segundo partido rematou coa vitoria por 3-1 do Biduído SR fronte ao Bertamiráns FC, mentres que no terceiro partido do triangular o Milladoiro SD gañoulle ao Biduído SR por 1-0. Deste xeito, o Milladoiro SD proclamouse campión do torneo con 4 puntos, mentres o Biduído SR sumou 3 puntos e o Bertamiráns FC, obtivo 1 punto.
Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amesá posto que xa se levan organizadas trinta e oito edicións. Neste torneo participaron os equipos federados de Ames que teñen equipo sénior.
Este ano foron tres os equipos que participaron nesta competición (Biduído SR, Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD). Durante esta temporada o Bertamiráns FC competiu na primeira autonómica, o Milladoiro SD en segunda, e o Biduído SR en terceira. Dito torneo disputouse no campo de fútbol municipal do Milladoiro.
Nesta edición do Trofeo de fútbol optouse por xuntar toda a competición nun mesmo día cun formato triangular, no que os tres equipos participantes enfrontáronse entre si. Cada equipo disputou dous partidos de 45 minutos. Despois de cada encontro houbo que lanzar unha quenda de cinco penaltis.
No primeiro encontro o Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD empataron 1-1. O segundo partido rematou coa vitoria por 3-1 do Biduído SR fronte ao Bertamiráns FC, mentres que no terceiro partido do triangular o Milladoiro SD gañoulle ao Biduído SR por 1-0. Deste xeito, o Milladoiro SD proclamouse campión do torneo con 4 puntos, mentres o Biduído SR sumou 3 puntos e o Bertamiráns FC, obtivo 1 punto.