Pestanas principais

O Milladoiro SD organiza un torneo de fútbol sala para o Día das Letras Galegas

Mércores, 15 de maio de 2013

[15-05-2013] O Milladoiro Sociedade Deportiva, en colaboración co Concello de Ames, organizaron un torneo de fútbol sala, que está dirixido aos nenos e nenas nacidos nos anos 2007 e 2008 (categoría biberón). Este evento deportivo desenvolverase este xoves, 17 de maio, día das Letras Galegas no pavillón polideportivo do Milladoiro. Participan un total de seis equipos (Bertamiráns FC, Club Atlético Fátima, Amio FC, Oroso Fútbol Sala e Milladoiro SD que contará con dous equipos) que estarán repartido en dous grupos de tres equipos cada un. Pola mañá disputarase a fase de grupos, mentres que pola tarde xogaranse as dúas semifinais, a final e a final de consolación.

O deporte e a cultura poden ir da man. Un claro exemplo disto é o evento deportivo que organizou o Milladoiro Sociedade Deportiva, en colaboración co Concello de Ames, para o día das Letras Galegas. Este xoves, 17 de maio, o pavillón polideportivo do Milladoiro acollerá un torneo de fútbol sala, que está dirixido aos nenos e nenas nacidos nos anos 2007 e 2008 (categoría biberón). Os gañadores recibirán un lote de contos co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos. Estes libros foron doados polo Concello de Ames. Ademais, recibirán un trofeo e unha medalla.

Neste torneo participarán seis equipos de Ames e dos concellos limítrofes. Os equipos participantes son o Bertamiráns FC, o Club Atlético Fátima, o Amio FC, o Oroso Fútbol Sala e o Milladoiro SD que contará con dous equipos. Este seis equipos estarán repartidos en dous grupos de tres equipos cada un. Pola mañá disputarase a fase de grupos, mentres que pola tarde xogaranse as dúas semifinais, a final e a final de consolación. Moitos dos nenos e nenas que disputen este torneo de fútbol sala son usuarios/as da actividade de predeporte das Escolas Deportivas Municipais.