Pestanas principais

O MillaRaio acada catro medallas no Campionato de Galicia de pista cuberta sub 12 e sub 14

Luns, 22 de marzo de 2021

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 20 de marzo, no Campionato galego de categorías inferiores de pista cuberta acadaron catro medallas (dúas de ouro, unha de prata e outra de bronce). O club amesán participou con 13 atletas (3 na categoría sub12 e 10 en sub14). Todos eles/as acadaron uns excelentes resultados nas probas que competiron mellorando as súas propias marcas persoais.

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio continúan acadando grandes resultados. Nesta ocasión, participaron este pasado 20 de marzo no Campionato de Galicia sub 12 e sub 14 de pista cuberta celebrado en Ourense. Os atletas do clubs amesán conseguiron 4 medallas e practicamente todos eles lograron mellorar as súas propias marcas persoais.

Deste xeito, David Moreno venceu nos 60 metros valos proclamándose campión galego, cunha marca de 10.82. Ademais, obtivo a medalla de prata na proba de pértega con 2.02 metros. Nuno Castro conseguiu o ouro no salto de lonxitude cunha marca de 4,93 metros, e o bronce nos 60 metros cun tempo de 8.07.

Por outra banda, Mateo Dagnac foi quinto en triplo (8.77 metros) e oitavo en lonxitude (4,27 metros). Laura Sanz quedou na quinta posición en 60 metros cun tempo de 8.62, e o sub12, Daniel García, acadou a quinta posición en peso con 7.17 metros. Jorge García foi oitavo en 60 metros valos cun tempo de 11.93 e cunha marca de 8.72 na proba de 60 metros.

Acadaron bos resultados tamén Sabela Jallas (9.66 en 60 metros e 12.08 en 60 metros valos), Carlos Álvarez (8.78 en 60 metros), Olalla Gil (9.21 en 60 metros), Nadir Moreira (9.20 en 60 metros), Zoe Antonetti (9.62 en 60 metros), Nicolás García (13.74 en 60 metros valos) e Xoel Vázquez (10.06 en 60 metros).

David Moreno, ouro 60 metros.

Multimedia

  • Nuno Castro, Ouro lonxitude.
  • David Moreno, prata pértiga.
  • Nuno Castro, bronce 60 metros.