Pestanas principais

O MillaRaio acadou 12 medallas nos Campionatos de Galicia sub14, sub 16 e sub18

Sábado, 17 de xullo de 2021

O/as atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron no Campionato de Galicia sub14 celebrado nas pistas de Balaídos, en Vigo, onde remataron con tres ouros, unha prata e un bronce. En Lugo celebráronse os Campionatos das categorías sub16 e sub18 nos que o club rematou globalmente en primeiro lugar na categoría masculina en puntos por posto obtendo un total de 3 ouros, 2 pratas e 2 bronces.

O 26 de xuño celebrouse nas pistas de Balaídos, en Vigo, o Campionato de Galicia sub14, cun resultado de 5 medallas para o club: tres ouros, unha prata e un bronce. Na puntuación por postos MillaRaio foi 7º na clasificación conxunta, e 2º na clasificación masculina.

Nuno Castro foi dobre campión galego, en salto de lonxitude e en lanzamento de xavelina. Jorge García proclamouse tamén campión galego nos 80m valos, clasificándose 13º no salto de altura. Nadir Moreira foi subcampión galego nos 2000m marcha, quedando en 8º posto no lanzamento de xavelina. E, tamén, nos 2000m marcha, David Moreno conseguiu a medalla de bronce e rozou o podio no salto con pértega, sendo 4º.

O resto de atletas desprazados a Vigo tamén tivo unha grande actuación:
Laura Sanz - 5ª nos 80m gañando a final B, e 13ª no lanzamento de disco.
Adrián Matos - 6º nos 1000m obstáculos
Ariadna Gómez - 7ª nos 500m e 15ª no salto de altura
Carlos Álvarez - 7º no triplo salto e 2º na final B dos 80m
Antón Fagúndez - 8º nos 1000m
Mateo Dagnac - 8º no salto de lonxitude e 9º no triplo salto
Sabela Jallas - 5ª na final B dos 220m valos
Olalla Gil - 13ª no triplo salto.

Os días 2 e 3 de xullo celebráronse en Lugo os Campionatos de Galicia das categorías sub16 e sub18. Nestes campionatos o club rematou globalmente en primeiro lugar na categoría masculina en puntos por posto (sexto posto de 62 na clasificación conxunta), obtendo un total de 3 ouros, 2 pratas e 2 bronces.

Na categoría sub16 lográronse 4 medallas: Alfonso Labella proclamouse campión en lanzamento de martelo e subcampión en lanzamento de xavelina. Noel Ferraces foi ouro en salto de altura e 7º en salto de lonxitude. Por último, Pablo Cariñena foi bronce en lanzamento de disco e 9º nos 100m.

Na categoría sub18 obtivéronse outras 3 medallas: Salomé Segade fíxose co ouro en 5000m marcha feminino, Diego Liñares foi prata en 110m valos e 5º en 100m e Manuel Labella bronce en 5000m marcha masculino.

O resto de participantes sub16 foron:
Alejandro Jiménez - 4º nos 300m e 6º en salto de lonxitude.
Álex Cabo - 5º en lanzamento de peso e 6º en lanzamento de disco
Noa Piñeiro - 5ª en 1500m obstáculos
Pablo Leiva - 6º en lanzamento de peso
Lucas Pena - 6º en triplo salto e 8º nos 1500m obstáculos
Lucas Dagnac - 7º en triplo salto e 8º en salto de lonxitude
Félicité Lavandeira - 8ª en 300m e 10ª en 100m
Álvaro Francos en probas combinadas, que a falta de dúas probas tivo que retirarse por lesión

E na categoría sub18, David García acadou o 4º posto en salto de altura e o 6º en triplo salto. mentres, Matías Barca rematou 6º nos 200m e 8º nos 100.

Ouro Salome Segade 5000 marcha

Multimedia

  • Bronce Manuel Labella 5000 marcha
  • Bronce Pablo Carinena Disco
  • Ouro Alfonso Labella Martelo
  • Ouro Jorge Garcia 80 mv
  • Ouro Noel Ferraces Altura
  • Ouro Nuno Castro Xavelina Lonxitude
  • Prata Alfonso Labella Xavelina
  • Prata Diego Linares 100 mv
  • Prata Nadir Bronce David 200 marcha