Pestanas principais

O MillaRaio participou nos campionatos nacionais sub16 e sub18

Sábado, 07 de agosto de 2021

O club de Ames estivo representado por Alfonso Labella no Campionato Nacional ao aire libre sub16 e por Salomé Segade no sub18.

Os días 17 e 18 de xullo, Alfonso Labella competiu en Lleida para proclamarse campión sub16. Finalmente, acadou un 10º posto no lanzamento de martelo, nun concurso no que un par de lanzamentos nulos deixáronno sen opción de entrar na mellora.

Salomé competiu no sub18, o 24 e 25 de xullo en Huelva, nos 5000m marcha cunha impecable carreira na que rematou nunha excelente 8ª posición.
 

Salomé Segade

Multimedia

  • Alfonso Labella
  • Alfonso Labella
  • Salomé Segade
  • Salomé Segade