- Tematica
Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019, que se celebra do 1 ao 4 de agosto na localidade de Pitesti (Romanía). Gabriel Martínez participa neste campionato do Mundo na súa proba favorita, o K-1 200 metros. Este xoves, 1 de agosto, comezou a súa participación en dito campionato clasificándose para a proba de semifinais.
Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019 que se celebra do 1 ao 4 de Agosto na localidade romanesa de Pitesti (Romanía). Gabriel Martínez participa neste campionato do Mundo na proba de K-1 200 metros.
Este xoves, 1 de agosto, comezou a súa participación en dito campionato na quinta eliminatoria (ás 15:00 horas), conseguindo a segunda praza na mesma e dándolle acceso ás semifinais. O padexeiro amesán logrou un tempo de 00:00:37.102. Quedou na segunda praza a 00:00:00.406 do padexeiro canadense Laurent Lavigne.
Este sábado, 3 de agosto, ás 08:10 (horas española) disputa a semifinal. Para poder optar á final terá que quedar entre os 3 primeiros. A final disputarase tamén mañá sábado ás 10:47 horas. Todas as persoas que queiran seguir a semifinal pódeno facer a través do enderezo web: https://www.canoeicf.com/es.
Dende o Club de piragüismo Ribeiras do Tambre expresan o orgullo que representa para o este club e para todo Ames que, por segundo ano consecutivo, o padexeiro, Gabriel Martínez, estea participando no Campionato Mundial júnior de piragüismo sprint, que se está celebrando na localidade romanesa de Pitesti nos primeiros días de agosto.
Ligazóns:
Compostela 24 horas: "O padexeiro do amesá, Gabriel Martínez Pachón, participa no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019"