Pestanas principais

O parque do Ameneiral acolle este venres, 31 de maio, a actividade “Os xogos do mundo solidarios”

Martes, 28 de maio de 2024

O Concello de Ames colabora con Cruz Roja Santiago e maila empresa Os Biosbardos Animación na organización da actividade “Os xogos do mundo solidarios”, que se vai a realizar este venres, 31 de maio, de 17.00 a 20.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Trátase de que os nenos e nenas que así o desexen, xunto coas súas familias, participen en diferentes xogos tradicionais populares. Cada familia deberá aboar 6 euros en concepto de inscrición. A cambio entregaráselle a cada familia un boleto para o sorteo del oro de Cruz Roja. Os fondos recadados irán en beneficio de Cruz Roja en Santiago.

O Concello de Ames, Cruz Roja Santiago e Os Biosbardos colaboran na organización da actividade “Os xogos do mundo solidarios”, que se vai a realizar este venres, 31 de maio, de 17.00 a 20.30 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Os xogos son unha expresión da cultura e costumes dos pobos en todo o mundo. A través dos xogos, que van desde simples actividades físicas ata complexos desafío mentais, poderás pasar unha divertida tarde e coñecer valores, cultura e historia doutras comunidades, á vez que colaboras nunha actividade solidaria en familia.

Coa túa participación nestes “Xogos do Mundo Solidarios”, ademais de realizar unha actividade comunitaria e lúdica, estás a facer posible que a Cruz Vermella de Santiago atenda a máis de 4.800 persoas. Ademais, de ter a oportunidade de gañar 3.000.000 euros co boleto do Sorteo de Ouro que recibirás como agasallo pola túa inscrición.

Ao longo da xornada poderás probar a túa habilidade nos diferentes xogos tradicionais de diferentes culturas e recunchos do mundo. Xogos de equilibrio, de mesa, cooperativos, interxeracionais... en definitiva unha gran oportunidade para aprender, desenvolver habilidades e gozar coa túa familia e xerar comunidade.

Trátase de que os nenos e nenas que así o desexen, xunto coas súas familias, participen en diferentes xogos tradicionais populares. Cada familia deberá aboar 6 euros en concepto de inscrición. A cambio entregaráselle a cada familia un boleto para o sorteo del oro de Cruz Roja. Os fondos recadados irán en beneficio de Cruz Roja en Santiago.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Juegos del mundo en Bertamiráns a favor de Cruz Roja para compartir cultura entre países"

O parque do Ameneiral acolle este venres, 31 de maio, a actividade “Os xogos do mundo solidarios”

Multimedia

  • O parque do Ameneiral acolle este venres, 31 de maio, a actividade “Os xogos do mundo solidarios”