Pestanas principais

O persoal da Brigada Aprol acondiciona 10 camiños da parroquia de Agrón que contan cunha superficie total de 7.000 metros cadrados

Mércores, 16 de setembro de 2020

Dende o pasado 3 de xullo o Concello de Ames conta cunha capataz e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realiza traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen. Transcorridos dous meses de traballo, as labores de acondicionamento dos camiños da parroquia de Agrón pertencentes a clasificación de prioridade media e alta están xa rematadas o que supuxo o xestión de 10 camiños cunha superficie total de 7.000 metros cadrados. O persoal de dita brigada estará contratado ata o 2 de abril de 2021, durante noves meses, e está previsto que actúe sobre unha superficie de 9,5 hectáreas.

A través do programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), o Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, trata de artellar os instrumentos que dende o ámbito local favorezan a protección para os asentamentos de poboación fronte a lumes forestais, mediante unha adecuada xestión de biomasa e actividades silvícolas encamiñadas a tal fin. Ademais, preténdese obxectivos específicos como son adecuar as vías, camiños, parcelas forestais de propiedade municipal e naquelas nas adheridas ao Plan municipal de prevención de incendios, mediante a plantación de frondosas caducifolias en faixas secundarias de xestión de biomasa.

Deste xeito, dende o pasado 3 de xullo o Concello de Ames conta cunha capataz e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realiza traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen. Co fin de rendibilizar o máximo os traballos de acondicionamento destes camiños, as actuacións abórdanse parroquia a parroquia, sendo as máis urxentes polo número de camiños en mal estado as de Agrón, Trasmonte e Ames, supoñendo unha superficie de actuación de 9,5 hectáreas.

Transcorridos dous meses de traballo, as labores de acondicionamento dos camiños da parroquia de Agrón pertencentes á clasificación de prioridade media e alta están xa rematadas o que supuxo o xestión de 10 camiños cunha superficie total de 7.000 metros. Deste xeito, durante os meses de xullo e agosto o persoal da Brigada Aprol rural realizou actuacións de desbroce manual do estrato arbustivo y subarbustivo, na plataforma de rodadura dos camiños e en 2 metros dende a aresta exterior do camiño.

En relación a este traballo destacar a poda selectiva realizada, conservando en todo caso pés de especies herbáceas autóctonas e no posible os pés leñosos de frondosas caducifolias. Nalgúns casos a altura do mato sobrepasaba os dous metros. Nos casos de árbores que interromperan o paso de xeito manifesto procedeuse a tala e desramado dos mesmos, deixándoos pousado o tronco o longo do camiño. Deixando os troncos sen interromper o paso conseguinos o obxectivo de facer o camiño transitable ao tempo que se facilitou o aumento de hábitats para fauna e flora terrestre.

Ademais, realizouse a poda do estrato arbustivo e subarbustivo, na plataforma de rodadura dos camiños e en 2 metros dende a aresta exterior do camiño; e o triturado "in situ" dos restos vexetais orixinados cos desbroces.

O concelleiro de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, Manuel Lens, explica que “este traballo foi levado a cabo con precisa minuciosuidade. Somos coñecedores de que este proceso leva tempo e aminora o ritmo de xestión de biomasa, pero o consideramos imprescindible para a conservación do medio natural. Manuel Lens, tamén indica que é necesario que “o Concello cumpra coa obriga de manter limpos os camiños do monte, comezando por aqueles que según criterios técnicos son os prioritarios a hora de conter ou evitar a propagación do lume ou facilitar unha posible evacuación”.

Traballos realizados a través da convocatoria Aprol
No ano 2018 mediante a concesión desta axuda realizouse a revisión das faixas secundarias en entorno a núcleos de poboación e vivendas ou instalacións illadas. Procedeuse á adecuación das mesmas aos cambio sufridos na lei de incendios forestais e tamén aos cambios físicos da interface rural forestal.

Posteriormente, no ano 2019, o Concello de Ames concorre de novo a convocatoria Aprol Rural 2019, e dáselle continuidade as actuacións da anterior convocatoria, co proxecto de xeorefenciar a rede de camiños forestais outorgándolle unha categoría de necesidade de acondicionamento, de xeito que se estableceu un Plan de mantemento das faixas laterais das redes viarias (camiños) da súa titularidade.

Neste exercicio, a Brigada Aprol, ademais dos traballos realizados na parroquia de Agrón, tamén vai realizar estes mesmos traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal das parroquias de Trasmonte e Ames.

O concello conta cun total de 446 camiños de a pé que supoñen 108.498 metros de lonxitude e unha superficie aproximada de 27 hectáreas. En 253 destes camiños determinouse a necesidade de actuación con máis ou menos urxencia dependendo de que o seu estado de mantemento supoña un risco moderado, medio o alto no caso de declararse un incendio forestal.

Revisión das plantacións
Outra das labores que realizarán as persoas contratadas ao abeiro desta axuda serás as relacionadas co mantemento e revisión das plantacións de frondosas caducifolias realizadas en faixas secundarios como medida de prevención de lumes forestais.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Puesta a punto para diez viales de la parroquia de Agrón con Aprol Rural"

La Voz de Galicia"Acondicionan caminos en la parroquia de Agrón para prevenir incendios"

Imaxe dos traballos feitos na parroquia de Agrón

Multimedia

  • Imaxe do estado dun camiño da parroquia de Agrón antes dos traballos de limpeza
  • Imaxe do estado dun camiño da parroquia de Agrón despois dos traballos de limpeza
  • Imaxe do estado dun camiño da parroquia de Agrón antes dos traballos de limpeza
  • Imaxe do estado dun camiño da parroquia de Agrón despois dos traballos de limpeza
  • Imaxe do estado dun camiño da parroquia de Agrón antes dos traballos de limpeza
  • Imaxe do estado dun camiño da parroquia de Agrón despois dos traballos de limpeza