- Tematica
Hoxe, ás 20.30 horas, celebrarase de forma telemática un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá a aprobación provisional da derogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa. As persoas que estean interesadas en seguir en directo dito pleno poden facelo premendo no banner que está colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal. Deste xeito, accederán a unha canle para ver vía streaming a sesión plenaria.
Coa a posta en funcionamento da aplicación Councilbox pódese realizar hoxe, a partir das 20.30 horas, unha nova sesión plenaria extraordinaria, na que a Corporación municipal debaterá a aprobación provisional da derogación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.
O obxectivo do goberno municipal e do resto de grupos políticos municipais é derogar dita ordenanza, para que os locais hostaleiros e comerciantes non paguen as taxas deste ano e poidan incrementar a superficie das súas terrazas, sempre tendo en conta os informes técnicos do departamento de urbanismo. Esta medida axudará a hostaleiros e comerciantes coa eliminación da taxa de terrazas deste exercicio. O Concello deixará de percibir este ano preto de 18.000 euros polas taxas de terrazas.
Esta é a terceira sesión plenaria que se realiza deste xeito, despois dos plenos ordinarios de marzo e abril, celebrados os días 16 e 30 de abril. Preme aquí para consultar a orde do día do pleno extraordinario do 14 de maio de 2020.
Procedemento do Pleno Telemático
A través desta aplicación, durante a realización da sesión, tan só se ve á persoa que está falando en cada momento coa quenda de palabra, e non a todos os/as participantes. O presidente do Pleno, neste caso o alcalde, é o encargado de darlle a palabra a cada participante. Dita aplicación permite establecer o quórum necesario para aprobar os asuntos tratados na sesión plenaria e elaborar unha orde dos día cos puntos a tratar.
A aplicación coa que se realiza o Pleno Telemático inclúe unha opción para votar de xeito telemático (a favor, en contra ou para absterse) e de forma certificada. Unha vez feita a votación a propia aplicación fai reconto de votos e confirma se o asunto foi aprobado ou rexeitado.
O pleno será gravado e a citada aplicación permite facer un borrador de acta que tamén se pode converter a formato texto. O pleno poderase seguir en directo vía streaming. Para iso tan só hai que premer no banner que está colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal.