O PP de Ames, na sua liña de apoiar todos os proxectos que sexan positivos para o Concello e os veciños ven de dar o seu voto afirmativo ás propostas que pretenden afrontar dun xeito intersectorial os desafíos detectados no diagnóstico da Axenda Urbana de Ames e que desde a formación popular se consideran “cruciais para o presente e para o futuro do Concello”.
A voceira do PP, Oliva Agra, explicou no pleno que “mediante a creación dunha senda ciclable que una Bertamiráns e Milladoiro verase beneficiada a zonar sur do concello, nos 8 quilómetros que separan os dous principais núcleos urbanos, quedando vertebrado casi o 62% da poboacion e casi o 65% das vivendas do municipio”.
Pero o PP non basea o seu voto afirmativo só nese punto. Oliva Agra tamén argumentou como positivo a “mellora do servizo de transporte, outra das medidas que axudan a vertebrar o noso concello e outra medida solicitada dende hai anos polos veciños e veciñas de Ames, a coa que se pretende crear unha conexión de transporte público entre os dous principais núcleos pasando polas parroquias de Biduído e Ortoño, de xeito que se facilite a conectividade e intermodalidade con outros modos de desprazamento”.
Como positivo o PP tamén considera, en palabras de Oliva Agra, “a adecuación de catro locais sociais do noso rural para o seu uso pola veciñanza en mellores condicións cas actuais e tamén que poidamos dende o concello descentralizar as tarefas administrativas, achegando a administración aos veciños para facilitar os seus trámites administrativos”.
E que en resumo, e segundo deixou claro no pleno Oliva Agra, “estes proxectos van na liña do que sempre defendimos: núcleos urbanos e rurais integrados, mellores conexións e unha administración próxima a todos cidadáns con independencia do lugar no que residan”.
O financiamento é o que preocupa ó PP de Ames. Oliva Agra explicou que “a día de hoxe temos uns orzamentos prorrogados (os do ano 2024) e iso condiciónanos, e moito. Só vemos dúas posibilidades: por unha banda a parte que lle corresponde achegar ao concello, de seguir cos orzamentos prorrogados, terase que financiar case seguro acudindo a débeda bancaria e a segunda posibilidade, e que agardamos que sexa a que adopte o goberno, pasa por aprobar uns orzamentos municipais para o ano 2025. É a única forma de non hipotecar as contas do Concello”.
Outra das preocupacións do PP de Ames Outra “é a relacionado coa execución dos proxectos, xa que vendo o calendario de execución do plan EDIL, esixe que sexamos áxiles na tramitación para poder cumprir coas bases, porque esixen que no próximo ano (2026) temos que ter executado e pagado o 25% (25,24%) do custe das actuacións seleccionadas, e no 2027 case o 60% (59,10%)”.
Oliva Agra espera que que a experiencia do pasado “sirva de aprendizaxe para que nesta nova convocatoria poidamos executar unha porcentaxe moito máis alta dos proxectos presentados porque, como xa dixen, os grandes beneficiados non imos ser nin o goberno nin a oposición senón todos os veciños”.
No pleno municipal deste pasado martes Oliva Agra sinalou que “agora o que toca é, primeiro, cruzar os dedos para que Europa nos dea a maior cantidade de subvención posible, porque iso é o que queremos todos, e paralelamente comezar a buscar a forma na que o Concello cumprirá co compromiso que agora asume de dotar o crédito adecuado e suficiente para financiar toda a execución do proxecto sen hipotecar as contas dos veciños de Ames”.